Pazos

Pazos
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe que ten a súa orixe na provincia de Pontevedra. As súas armas levan, en campo de azul, un castelo de ouro, aclarado de goles, adestrado dun brazo armado cunha espada na man, que mete na boca dunha serpe saínte do mesmo flanco; estas dúas figuras están superadas dun sol figurado de ouro, no centro do xefe, flanqueado por dous medios voos do mesmo, o castelo e a serpe sobre ondas de prata e azul, en punta. Outra variante leva, en campo de ouro, dúas bandas, de goles; bordo de sinople cunha cruz grega de ouro, no centro do xefe, e de cinco vieiras de prata, colocadas dúas en cada flanco e unha na punta.