Pazos de Arenteiro, ponte de

Pazos de Arenteiro, ponte de

Construción situada sobre o río Arenteiro (Boborás). Datada nos ss XII-XVI, trátase dunha ponte de cantaría con arcos de medio punto, desaugadoiro alintelado e rasante lixeiramente alombada. Ten dous vans. Está situada no antigo camiño do Ribeiro a Pontevedra e Santiago de Compostela.

Palabras veciñas

Pazos | Pazos de Arenteiro | Pazos de Arenteiro | Pazos de Arenteiro, ponte de | Pazos de Borbén | Pazos de Reis | Pazos de San Clodio