"Arezzo" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Arezzo, na rexión da Toscana, Italia, situada no alto val do Arno (90.005 h [1991]). Cidade de moita importancia durante o período etrusco, e colonia romana durante o Imperio. Dende o s XI foi gobernada por cónsules. No 1384 foi tomada e vendida a Florencia, principiando a súa decadencia. Os etruscos deixaron boas mostras de escultura en bronce como a Quimera de Arezzo (s V a C). Na época romana, a cidade chegou a ser a máis importante produtora da cerámica denominada terra sigillata. O monumento máis importante é a Igrexa da Pieve di Santa Maria (ss XII-XIII), dun Románico caracteristicamente pisano. Trátase dunha das zonas nas que máis abundan as empresas dedicadas á ornamentación con ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da rexión da Toscana, Italia (3.232 Km2; 312.939 h [1991]). A súa capital é Arezzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teórico musical italiano. Monxe beneditino do mosteiro de Pomposa, preto de Ferrara. Introduciu innovacións no canto eclesiástico e atribúeselle a creación da pauta musical de catro liñas. Para fixar e facer reter a entoación dos graos da escala musical, empregou as primeiras sílabas de cada hemistiquio da primeira estrofa do himno a San Xoán Bautista Ut queant laxis. Escribiu diversos tratados teóricos, como o titulado Micrologus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta italiano. Baixo o pseudónimo de Guittone d’Arezzo escribiu poemas amorosos, políticos e de contido moral. Foi un dos autores que introduciron a escola poética siciliana en Toscana.

    VER O DETALLE DO TERMO