"Arfe" (Contén)

Mostrando 9 resultados de 9.

  • Denominación que reciben varias resolucións lingüísticas. O deputado italiano Gaetano Arfé presentou o 16 de outubro de 1981 unha proposta votada polo Parlamento Europeo que favorecía a defensa das linguas minoritarias. Esta era a primeira resolución Arfé que constaba dunha carta comunitaria das linguas e das culturas rexionais, e outra verbo dos dereitos que posúen as minorías étnicas. O 11 de febreiro de 1983 votouse e adoptouse a “segunda resolución Arfé na que o italiano amosaba a necesidade dun incremento das medidas a prol das linguas e culturas minoritarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Prateiro. Neto de Enrique de Arfe e fillo de Antonio de Arfe. Formouse en León e Valladolid no obradoiro paterno. Dotado dunha sólida formación humanística e técnica, é autor dos tratados Quilatador de la plata, oro y piedras (1572), onde analiza o grao de pureza dos metais e pedras nobres, e De varia conmensuración para la Escultura y la Arquitectura (1585-1587), no que analiza unha das temáticas máis representativas do Renacemento: as proporcións na arquitectura e na escultura. Entre as súas pezas máis salientables cómpre mencionar as custodias das catedrais de Ávila (1564-1571) e de Sevilla (1579-1587). Como escultor, aproveitando as súas habilidades no traballo do metal, dedicouse á realización de grandes estatuas de bronce. Filipe II nomeouno ensaiador da Casa da Moeda de Segovia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fillo do prateiro Enrique de Arfe, aprendeu o oficio no obradoiro familiar. A súa produción persoal comeza a ser coñecida a partir de 1539, destacando, como o seu pai, polos seus modelos de custodias e cruces procesionais. Entre 1539 e 1544 realizou varias obras salientables en Santiago por encargo do cabido, como un cáliz de ouro e a custodia do Corpus de prata para a procesión do Santísimo Sacramento. No canto de seguir a “liña oxival” ou de “mazonería”, de carácter goticista, propugnada polo seu pai, adoptou e introduciu o novo estilo denominado “ó romano” e, posteriormente, “do Renacemento”. A partir de mediados do s XVI trasladouse a Castela, onde continuou a súa produción como ourive, etapa na que realizou a custodia de Medina de Rioseco (1551-1554) cun estilo Plateresco e as andas da custodia da catedral de León.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fundador dunha sonada dinastía de ourives especializados como prateiros, sobre todo en Santiago de Compostela. Semella que foi en Colonia onde se formou como ourive. A comezos do s XVI chegou a León integrado nun importante grupo de artistas flamengos que ían traballar nas obras da catedral desta cidade. É coñecido como introdutor de novos tipos de custodias e cruces procesionais. A súa produción caracterízase pola acertada incorporación de elementos decorativos tipicamente renacentistas, como grilandas e grecas, dentro do goticismo que aínda dominaba a estética da época, sobre todo na Centroeuropa da que procedía e nos ambientes relixiosos hispanos. A súa obra abrangue as custodias das catedrais de León (peza hoxe desaparecida), Córdoba (rematada no 1518), Toledo (encargada polo cardeal Cisneros, 1515-1523) e Sahagún. As súas propostas chegaron a Galicia representadas sobre todo na súa cruz procesional da catedral de Ourense (1515).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado entre o río Genil e o encoro de Cubillas (10.516 h [1996]). A súa economía nútrese do seu carácter de centro agrícola, gandeiro e industrial, actividade esta última na que cómpre destacar a fabricación de materiais de construción e de produtos alimentarios. Dentro do termo atópanse as ruínas do asentamento romano de Illíberis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Culler grande e fonda, xeralmente de metal, que se usa para servir a comida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cantidade de comida que se pode servir cunha garfela ou garfelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. garfela.

    2. Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘garfo’.

    VER O DETALLE DO TERMO