Arfe Villafante, Juan de
Prateiro. Neto de Enrique de Arfe e fillo de Antonio de Arfe. Formouse en León e Valladolid no obradoiro paterno. Dotado dunha sólida formación humanística e técnica, é autor dos tratados Quilatador de la plata, oro y piedras (1572), onde analiza o grao de pureza dos metais e pedras nobres, e De varia conmensuración para la Escultura y la Arquitectura (1585-1587), no que analiza unha das temáticas máis representativas do Renacemento: as proporcións na arquitectura e na escultura. Entre as súas pezas máis salientables cómpre mencionar as custodias das catedrais de Ávila (1564-1571) e de Sevilla (1579-1587). Como escultor, aproveitando as súas habilidades no traballo do metal, dedicouse á realización de grandes estatuas de bronce. Filipe II nomeouno ensaiador da Casa da Moeda de Segovia.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : León -
Deceso
Lugar : Madrid