Arfe, Enrique de

Arfe, Enrique de

Fundador dunha sonada dinastía de ourives especializados como prateiros, sobre todo en Santiago de Compostela. Semella que foi en Colonia onde se formou como ourive. A comezos do s XVI chegou a León integrado nun importante grupo de artistas flamengos que ían traballar nas obras da catedral desta cidade. É coñecido como introdutor de novos tipos de custodias e cruces procesionais. A súa produción caracterízase pola acertada incorporación de elementos decorativos tipicamente renacentistas, como grilandas e grecas, dentro do goticismo que aínda dominaba a estética da época, sobre todo na Centroeuropa da que procedía e nos ambientes relixiosos hispanos. A súa obra abrangue as custodias das catedrais de León (peza hoxe desaparecida), Córdoba (rematada no 1518), Toledo (encargada polo cardeal Cisneros, 1515-1523) e Sahagún. As súas propostas chegaron a Galicia representadas sobre todo na súa cruz procesional da catedral de Ourense (1515).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Harff

  • Deceso

    Lugar : León