"Argan" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 35.

  • Indicador de retraso no tempo de inicio dunha nota musical verbo do que a súa figura indica estritamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia de Vilarente, no concello de Abadín. Ten 585 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico de arte italiano. Eséxeta da plástica contemporánea, foi presidente da Asociación Internacional de Críticos de Arte e alcalde de Roma. Publicou moitos libros e artigos sobre estética xeral, metodoloxía, urbanismo, etc, así como monografías sobre diversos artistas e a síntese L´arte moderna 1770-1970 (A arte moderna 1770-1970, 1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada un dos filamentos que prolongan o casulo do gran do trigo e doutros cereais.

    2. Porción miúda de calquera cousa.

    3. Espiña do peixe.

    4. Cesta de cánabo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista mensual e gratuíta publicada en Santiago en maio de 1989, dirixida por Anxos Domenech Presa. Subtitulábase “Revista gallega del campo y el mar”. Contaba coas colaboracións de César Lumbreras, Pepe Casal e Xesús Ferreiro, xunto coas de Emilio Lavandeira no humor gráfico e Adela Cano no horóscopo. Incluía información sobre o campo e o mar, feiras e exposicións, aldeas e vilas de Galicia, entrevistas e unha axenda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeólogo suízo. Gran defensor da teoría da deriva continental de Wegener, esforzouse en explicitar a orixe dos relevos alpinos no marco xeral desta teoría. Así estudiou a tectónica dos Alpes (Les nappes de recouvrement des Alpes occidentales, 1911; Sur l’arc des Alpes occidentales, 1916) e interpretouna como un efecto da comprensión dun xeosinclinal mediterráneo entre o zócolo de Eurasia e o zócolo africano que deriva cara ao noroeste. Con A Tectonique de l´Asie (1922) esbozou unha interpretación paralela dos grandes relevos alpinos asiáticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático francés. Na súa obra Essai sur une manière de reprèsenter les quantités imaginaires (1806), estableceu os diagramas que fan corresponder a cada número complexo un vector do plano, coñecidos por diagramas de Argand.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plano onde se estableceu un sistema de coordenadas cartesianas e no que se representa cada número complexo a + bi por medio do punto de coordenadas (a, b). Nesta representación todos os puntos que teñen unha ou dúas coordenadas infinitas son considerados como un mesmo punto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid, drenado polo Jarama (26.113 h [1991]). Está situado na Alcarria, ao NL da capital. Conta con importantes destilerías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Argola de ferro situada no extremo superior da cana da áncora e pola que se amarra a cadea, o cabo ou o cable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde ás voces ‘bacallao’ e ‘peixe’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘bacallao’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Tartessos, coñecido só polas referencias de autores gregos. Filohelénico, prestou axuda aos focenses para financiar a fortificación de Focea (cidade grega de Asia Menor) contra a ameaza persa. O seu reinado (quizais do 630 ao 550 a C) correspóndese coa época de esplendor de Tartessos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello do Bierzo. Ten unha poboación de 962 h (1996). Está adscrito ao partido xudicial de Ponferrada e á provincia de León, na comunidade autónoma de Castela e León.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Bangladesh, no delta do Ganxes. Trátase dunha chaira formada por terreos aluviais e atravesada por numerosos ríos e canles que reciben as augas do Ganxes. Os principais núcleos urbanos son Barisāl, Patuākhāli e Vhālakāti.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • alado construído con estacas sen labrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros que corresponde á locución ‘rei de trunfos na brisca’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás esparganiáceas.

    2. Herbácea da familia das esparganiáceas.

    3. Familia de plantas perennes, da orde das tifais, composta unicamente polo xénero Sparganium, que comprende 14 especies propias das zonas temperadas e frías do hemisferio N, e que só está presente no hemisferio S en Oceanía e parte do S de Asia. Habitan en medios húmidos e acuáticos, e caracterízanse por ter rizomas desenvolvidos e con escamas, talos erectos, follas lineais planas ou de sección triangular, e flores unisexuais monoicas de periantio trímero -de 1 a 8 estames e de 1 a 2 carpelos-, dispostas en inflorescencias, as masculinas nos glomérulos superiores e as femininas nos inferiores. A polinización é anemógama e dá lugar a un froito en drupa esponxosa, que flota e facilita a dispersión pola auga. En Galicia están presentes as especies: Sparganium angustifolium, en medios húmidos das montañas do SL; Sparganium emersum, en augas pouco profundas, e Sparganim erectum, en ribeiras e augas pouco profundas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MACIZO

    Macizo montañoso do SL de Italia, entre o Tavoliere di Puglia e a costa adriática, chamado esporón de Italia. Os terreos son calcarios, con frecuentes formas cársticas. Os cumes máis altos son o Monte Calvo (1.056 m) e o Monte Nero (1.011 m). A actividade máis estendida é a agrícola: viñas, oliveiras, froiteiras e horta nos lugares máis regados.

    VER O DETALLE DO TERMO