Bāqarganj
Bāqarganj
Rexión de Bangladesh, no delta do Ganxes. Trátase dunha chaira formada por terreos aluviais e atravesada por numerosos ríos e canles que reciben as augas do Ganxes. Os principais núcleos urbanos son Barisāl, Patuākhāli e Vhālakāti.