"Ariel" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 8.

  • Nome bíblico, procedente do hebreo, que significa ‘león de Deus’ ou ‘altar de Deus’. Así se chamou o arcanxo preceptor de Esdras. Non hai santo con este nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Na tradición rabínica, un dos anxos da quinta categoría. De aquí pasa á cábala e á tradición popular como espírito, polo xeral maléfico, do aire e da auga. Deu lugar a personaxes literarios como o Ariel de A Tempestade de Shakespeare e o anxo rebelde do Paraíso Perdido de Milton.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Satélite de Urano descuberto por William Lassell en 1851. Ten un radio duns 650 km. O semieixe maior ten 192.000 km, e a súa revolución sideral dura 2,520 días.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Serie de satélites de investigación atmosférica e ionosférica do programa de colaboración especial de Gran Bretaña coa NASA (EE UU). O Ariel 1, colocado en órbita terrestre no 1962, demostrou a existencia dunha capa na alta ionosfera onde a compoñente principal é o helio. O Ariel 5 e o Ariel 6, lanzados en 1974 e en 1979, respectivamente, estudiaron fenómenos da astrofísica de altas enerxías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista literaria e artística publicada en Barcelona e da que apareceron, entre 1946 e 1951, 23 números e dous suplementos sobre temas de actualidade. Fundada e dirixida por Josep Palau-Fabre, Josep Romeu, Miquel Tarradell, Joan Triadú e Frederic-Pau Verrié, á redacción sumáronse Joan Barat, Francesc Espriu, Rosa Leveroni, Joan Perucho e Manuel Valls, entre outros. Presentaba poemas, ensaios críticos de literatura e de arte, e debuxos e gravados inéditos de artistas como Miró, Hugué e Ráfols, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editorial fundada en Barcelona no 1941 por A. Argullós e J. M. Calsamiglia. Especializada en Ciencias Sociais, publicou a versión castelá da Historia de España de F. Soldevila, tres volumes da Història dels catalans (1963-1966) e os primeiros volumes da Història de la literatura catalana (a partir do 1964) de Martí de Riquer e A. Comas. Tamén editou obras de Salvat-Papasseit e Màrius Torres. No 1974 fusionouse coa Editorial Seix i Barral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista galego. Licenciado en Ciencias da Información e en Filosofía e Letras, traballou no Archivo Histórico Provincial y Universitario de Valladolid. Foi colaborador de diversos xornais, entre os que destacan La Región, La Voz de Galicia, Faro de Vigo e El Norte de Castilla e, entre outras, nas revistas Contrastes, Mundo Obrero e Folklores. Publicou Támega en Galicia (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político israelí. Coñecido como Ariel Sharon. Alistouse no Haganah e participou nas Guerras Árabe-israelís ao mando de diferentes brigadas militares, -especialmente durante a Guerra dos Seis Días- ata acadar o grao de Xeneral Maior. En 1973 cofundou o Likud e resultou elixido deputado do Knesset ou Asemblea Nacional (1973-1974 e 1977). Tras participar na Guerra do Yom Kippūr (1973) foi relevado do mando pola súa constante insubordinación e as súas posturas políticas extremas. En 1974 fundou o Shlomtzion que, en coalición co Likud, formou o primeiro goberno conservador da historia de Israel, durante o que foi presidente da Comisión Ministerial sobre os Asentamentos, ministro de Agricultura (1977-1981) e de Defensa (1981-1983). Deposto deste cargo e acusado de crimes de guerra, ocupou posteriormente, baixo a presidencia de I. Shamir, o posto de ministro sen carteira (1983-1984), o de Comercio e Industria (1984-1990) e o de Construción e Vivenda (1990-1992). Con B....

    VER O DETALLE DO TERMO