"Armesto" (Contén)
Mostrando 16 resultados de 16.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Becerreá, baixo a advocación de san Román.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe procedente da parroquia luguesa de Armesto, no partido de Becerreá, desde onde pasou a Asturias, Castela, Andalucía e América. Esta caste emparentou cos Becerra, Bermúdez de Castro, Becerreiro, Paraladoiro, Novoa, Sotelo e cos Niño de la Vega. Moitos membros dos Armesto probaron a súa nobreza na Real Chancelería de Valladolid. As súas armas levan, en campo de azul, unha cruz gamada de ouro cargada de cinco veneras de prata e goles, unha en cada brazo, e a quina no centro. Unha rama de Zamora leva, en campo de sinople, un castelo con muralla, no flanco destro, da porta sae unha vaca atada cunha cadea e os aneis terminan nunha troneira do castelo; no flanco sinistro, unha aguia da súa cor. Outra variante trae, en campo de goles, unha aguia voante da súa cor despregada e coroada de ouro.
-
GALICIA
Arquitecto. Formado na Escola de Arquitectura de Barcelona, na súa práctica profesional optou pola defensa dunha arquitectura racional en equilibrio coa realidade do medio. O exemplo máis salientable do seu facer arquitectónico é a Casa de Vilasouto, no Incio (1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista dende 1947. Foi redactor-xefe do diario El Progreso, fundador e director de La Hoja del Lunes de Lugo, e subdirector e director do Faro de Vigo e do Faro deportivo. Colaborou coa BBC durante a súa estadía en Londres, foi asesor de información das embaixadas de España en Italia e na Santa Sé e director da axencia Efe dende 1969. Ocupou o cargo de profesor na Escola Oficial de Xornalismo e foi asesor nacional de Prensa. Colaborou en numerosos xornais españois e obtivo os premios África, o nacional do Ministerio de Información, o de xornalismo do Centro Galego de Bos Aires, o da Casa de Galicia de Nova York e outros moitos recoñecementos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista, director da Universidade Popular en Vigo e técnico superior do concello da mesma cidade. Foi secretario da Asociación da Prensa de Vigo e presidente da Unión de Periodistas de Pontevedra. No eido da comunicación desempeñou os postos de director do semanario El Pope, redactor-xefe da Hoja del Lunes de Vigo e redactor-xefe e director do Faro de Vigo. Ademais da súa experiencia como director do Museo de Castrelos de Vigo e como redactor no xornal El Pueblo Gallego, foi correspondente de diversas axencias de información. Obtivo o Premio da Crítica Galicia no apartado de ensaio e foi finalista do Premio Nacional de Literatura de Ensayo. Publicou, entre outras obras, Álvaro Cunqueiro: unha biografía e Cunqueiro, un fabulador.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Especialista en expresión vogal e en produción teatral. Participou na creación de Teatro do Adro, co que dirixiu o espectáculo Petición de man (1995), a partir do texto homónimo de Anton Pavlovič Čekhov. Tamén realizou diversos traballos como axudante de dirección en espectáculos como Un refaixo para Celestina (1993) e Viaxe e fin de Don Frontán, producidos polo Centro Dramático Galego; A noite das tríbades (1996) e Vellos Tempos (1998), realizados por Teatro do Atlántico; Ministros pola cara (1997), de Encuadre Producións; ou Lugar Común, estreado por Teatro de Ningures en 1999. Tamén ten realizado diversos traballos para cine, participando como axudante de dirección na película A noiva de medianoite (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Enxeñeiro. Publicou dúas obras: Elementos de Geometría y su aplicación a la resolución de algunos problemas para uso de los aspirantes a maquinistas de la Marina mercante (1898) e Elementos de Aritmética, escritos con arreglo a los programas vigentes en las Escuelas de Maestranza y aspirantes a maquinistas (1906).
-
GALICIA
Xornalista e político. Fundou La Revista, un dos primeiros periódicos de Pontevedra e, en 1859, El Propagandista. Foi colaborador de numerosos xornais de corte progresista como El Progreso, La Voz del Pueblo e El Derecho. Fundou o Partido Republicano de Pontevedra. Máis tarde trasladouse a Madrid, onde escribiu artigos para varios xornais e traballou como redactor de La Capital de Pi i Margall. Militou no Partido Liberal de Sagasta e ocupou o cargo de gobernador civil en Ourense, Girona, Alacant, Córdoba e Donostia, ademais de deputado en varias lexislaturas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado, xornalista, filósofo e político. Trasladado a Madrid por estudios, coñeceu a Pi i Margall e Castelar, e colaborou con artigos de economía política no xornal La Discusión e cunha serie titulada “La moralidad de la mentira” no xornal El Trabajo. De regreso a Pontevedra escribiu nos xornais El Progreso e El Derecho, entre outros. Deputado a Cortes por Pontevedra (1873), seguiu participando na redacción de varios xornais. Publicou Discusiones sobre la Metafísica (1879) e contos e novelas curtas como La serenata de Shubert.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
María Victoria Fernández-España e Fernández-Latorre.
-
GALICIA
Xornalista. Foi redactor en Madrid de La Nación entre 1864 e 1866, de La Prensa en 1880 e de La izquierda Dinástica. En 1901 dirixiu La Discusión. Toda esta traxectoria mostra os seus vínculos co rexionalismo galego da época. Completa a súa produción xornalística coas publicacións: El verano en Galicia (1875) e Una excursión a Extremadura (1879).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Exerceu en Viana do Bolo e destacou polo seu labor na epidemia da varíola de 1881. Director médico dos balnearios de Baños de Molgas, Sousas e Caldeliñas, editou unha memoria sobre as augas de Verín, premiada polo Real Consejo de Sanidad, Establecimiento hidro-mineral de Verín (provincia de Orense). Estudio físico-hidrológico de la estación balnearia de Verín (1901). Tamén publicou un informe oficial sobre as augas de Guitiriz en 1905.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e xornalista. Coñecido como Augusto Assía, pseudónimo extraído dun personaxe viaxeiro dunha obra de Tolstoi. Comezou estudiando filosofía e letras na Universidade de Santiago de Compostela, onde dirixiu a “Página Universitaria” de El Pueblo Gallego. Posteriormente, trasladouse a París e logo a Berlín, onde foi nomeado lector de literatura española da Universidade Humboldt, e foi correspondente do xornal La Vanguardia. Expulsado de Alemaña en 1933, tralo ascenso de Hitler ao poder e logo de escribir unha crónica sobre uns sacerdotes asasinados, La Vanguardia enviouno como correspondente a Londres, onde permaneceu ata o comezo da Guerra Civil española, momento no que se incorporou voluntariamente ás tropas sublevadas de Franco. Ao remate da guerra volveu a La Vanguardia como correspondente en Londres, onde realizou unha das súas entrevistas máis destacadas a Winston Churchill, tamén alí puido relatar directamente a Batalla de...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático, físico e xeógrafo. Foi profesor e director da Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela. Realizou un mapa da provincia de Madrid (1901) e outro da de Ourense (1905). Publicou, entre outras obras, Guía del ciclista en España (1897), Técnica algebraica (1908), La atmósfera terrestre (1920) e Elementos de trigonometría xeral y rectilínea (1924).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sacerdote e polígrafo. Describiu o Memorial da redención de Miguel de Cervantes, polo que se fixou Alcalá de Henares como o seu lugar de nacemento, e o Foro de Ribadavia, outorgado por Fernando III o Santo. Foi autor, entre outras obras, de Guía histórico-descriptiva de la Real Capilla y Monasterio de la Encarnación (1916). Dende 1918 foi correspondente da Real Academia de la Historia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filólogo e escritor. Criado nun ambiente liberal e progresista, desde moi novo sentiu a influencia do seu tío Indalecio Armesto. En 1886 tirou do prelo as follas propagandísticas La Guindilla e Los amigos del Progreso, coas que procuraba unha revitalización da actividade política da mocidade pontevedresa. Ao ano seguinte editou unha pequena novela, Amor y celos, que apareceu como folletín no xornal que dirixía o seu tío Indalecio, e en 1897 o estudo Análisis y Ensayos, onde se advirte certa moderación nos seus postulados políticos, influído pola lectura de escritores franceses da biblioteca de Xesús Muruais. Nesta época exerceu como profesor no Instituto de Pontevedra. A partir de 1902 comezou a recolleita de material para a publicación do Cancionero Musical de Galicia, que presentou, xunto con Casto Sampedro, ao concurso da Academia de Belas Artes, premio que conseguiron en 1910. Previamente, en 1905 participou na comisión preparatoria da fundación...
VER O DETALLE DO TERMO