"Arnulfo" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
PERSOEIRO
Político. Estudiou Medicina na Universidade de Harvard (EE UU), aínda que nunca chegou a exercer a profesión. Encabezou a organización nacionalista Acción Comunal Patriótica, que en 1931 iniciou un golpe de estado contra o Presidente Florencio Harmodio Arosemena. Foi elixido Presidente en 1940, presidindo un réxime que favoreceu as potencias do Eixe durante a Segunda Guerra Mundial. Derrocado en 1941 e exilado ata 1945, volveu a presentarse á Presidencia en 1948 á fronte do Partido Revolucionario; aínda que perdeu, resultou reelixido ao ano seguinte, gobernando ata 1951. Foi elixido por terceira vez en 1968 e derrocado 11 días despois.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Metz (614-629). Conselleiro de Khildeberto II, Rei de Austrasia e da Borgoña, pasou ao servizo do fillo deste, Teodoberto II de Austrasia, desposuído (612) polo seu irmán Teodorico II de Borgoña. A pesar do seu laicismo, foi elixido bispo de Metz (614). No 622 Clotario II confioulle a educación do seu fillo Dagoberto e, en parte, o goberno do Reino de Austrasia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arcebispo de Reims (989-1021). Fillo ilexítimo do Rei Lotario. Entregou a cidade de Reims (989) a Carlos de Lorena. Por este feito foi reducido ao estado laico no Concilio de Verzy (991). Foi rehabilitado por Roberto II (997).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Xermania (877-899) e Emperador do Sacro Imperio (896-899). Fillo ilexítimo de Carlomán, Rei de Baviera. Sublevouse contra o seu tío, o Emperador Carlos o Grande, e foi proclamado Rei de Xermania na Dieta de Trebur (877), que destituíu ao Emperador. Derrotou os normandos pero fracasou contra os moravos (893).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico. Bispo de Santiago de María (1974), en 1977 foi elixido arcebispo de San Salvador. Defensor apaixonado dos máis oprimidos, morreu asasinado mentres celebraba misa o 24 de marzo de 1980, ao día seguinte de facer unha chamada ao goberno e ao exército para que acabase a represión sobre o pobo salvadoreño.
VER O DETALLE DO TERMO