Arias, Arnulfo
Arias, Arnulfo
Político. Estudiou Medicina na Universidade de Harvard (EE UU), aínda que nunca chegou a exercer a profesión. Encabezou a organización nacionalista Acción Comunal Patriótica, que en 1931 iniciou un golpe de estado contra o Presidente Florencio Harmodio Arosemena. Foi elixido Presidente en 1940, presidindo un réxime que favoreceu as potencias do Eixe durante a Segunda Guerra Mundial. Derrocado en 1941 e exilado ata 1945, volveu a presentarse á Presidencia en 1948 á fronte do Partido Revolucionario; aínda que perdeu, resultou reelixido ao ano seguinte, gobernando ata 1951. Foi elixido por terceira vez en 1968 e derrocado 11 días despois.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Penomé -
Deceso
Lugar : Miami