"Arum" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 23.

  • Xénero de herbáceas da familia das aráceas ao que pertence a herba dos candís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas da familia das aráceas ao que pertence o aro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partícula de cinsa que se desprende do papel ou palla ao seren queimados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Folla do piñeiro.

    2. Conxunto de follas e ramiñas secas do piñeiro que caen de seu e cobren o chan dos piñeirais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de aros preparados para facer cestos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de teatro afeccionado creado en 1978 en Pontevedra, vencellado ás comunidades cristiás de base. Realiza unha interesante labor de animación teatral producindo espectáculos en galego e castelán, baixo a dirección de Juan García Lorenzo. Entre as súas propostas cómpre destacar A paixón do señor, espectáculo no que participan un elevado número de actores e actrices e que foi representado en numerosas localidades tanto de Galicia, como do resto da Península Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista aparecida en Lugo no ano 1991 e subtitulada “Revista do ilustre colexio oficial de médicos de Lugo”. Dirixida por Sven J. Gunther Cando, colaboraban entre outros: Xosé Carlos Portela, Lino X. González e Xesús Mª Álvarez. Tiña diversas seccións como: “Informe”, “Ciencia Médica”, “Sociedad”, “Humor”, “Actividades” e “Revista de cine”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución creada en abril de 1982 en Berdillo, concello de Carballo. O seu obxectivo é contribuír ao desenvolvemento cultural, así como á súa difusión e promoción no medio rural fomentando a participación en diversas actividades de carácter lúdico e cultural: de música, baile, teatro, cociña, fotografía, horticultura, corte e confección, deporte ou educación de adultos, entre outros. A asociación conta con varios grupos de música e baile tradicional: Bilitroque e Pinalla (baile), Arume e Chorima (cantareiras), Os Chumbalóns (cantareiros), amais dun grupo de gaiteiros, a agrupación teatral Arume Treatro e o Grupo de Cámara de Berdillo dedicado ao arranxo e interpretación de música irlandesa, centroeuropea, española e galega, ben tradicional ou ben de autores dos séculos XVII-XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Animal de pequeno tamaño, principalmente larvas de insecto ou anélidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poboado da cultura nuráxica da Sardeña que estivo ocupado dende o 1500 - 1400 a C ata a época romana. Está completamente escavado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Folla voante en dobre folio editada por Xoán Gherlinc aló polo ano 1496 en Monterrei. Presenta letra gótica, capitais lombardas a dous tamaños e cincuenta e unha liñas. Atópase na biblioteca da Hispanic Society en Nova York.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas da familia das apiáceas ao que pertence a carvea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘cara’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Atlas urbano, obra de Georges Braun, con gravados de Jooris Hoefnagel, publicado en Colonia en 1572. Represéntanse diversas cidades da época cunha gran meticulosidade, como Adén, Barcelona e Sevilla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico. En 1931 obtivo a cátedra de Botánica Descritiva da facultade de Farmacia de Madrid. Foi xefe da sección de flora tropical e, en 1936, director do Jardín Botánico de Madrid. En 1939 exiliouse e foi profesor do Instituto Botánico de Bogotá. En Cali exerceu como xefe da Comisión Botánica do Valle de Cauca e como director da Escuela Superior de Agricultura Tropical. Desde 1947 residiu nos EE UU, onde foi conservador do Field Museum of Natural History de Chicago e investigador da Smithsonian Institution de Washington. Entre as súas obras destacan Nota a la flora de Colombia (1934) e Estudios sobre plantas andinas. Tamén traballou na edición da enciclopedia Flora Neotrópica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Salsa elaborada con vísceras de peixe maceradas en sal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación lacustre do Cretáceo final e do Paleóxeno definida ao SO de Francia e nos Pireneos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Garumniano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas da familia das papilonáceas. Presenta follas imparipinnadas, provistas de dúas estípulas laterais, inflorescencias axilares en acio de flores brancas, amarelas ou púrpuras e froito en casulo. Engloba máis de cen especies todas elas distribuídas por zonas temperadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manual notarial.

    VER O DETALLE DO TERMO