"Aspe" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 55.

  • Aplícase ás medusas que non teñen veo. Son todas as medusas da clase dos escifozoos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Discípulo de Román Navarro, presentou a súa obra en varias exposicións provinciais. Pintor só de paisaxes e mariñas. Foi académico da Real Academia de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Alacant, na comunidade Valenciana (16.391 h [1996]). Situado na depresión que atravesa perpendicularmente as serras prebéticas valencianas e comunica o altiplano co litoral. Ten agricultura de regadío (viña e froiteiras) e un importante sector forestal. Hai fábricas de caucho e de materiais eléctricos e cerámicos para a construción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Felipe Fernández Armesto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proba realizada polo equipo do físico francés Alain Aspect na década dos anos 1980 e que serviu para comprobar a exactitude do teorema de Bell, en contra do argumento EPR (Einstein-Podolsky-Rossen).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Xeito de presentarse ou de aparecer alguén ou algunha cousa.

    2. Conxunto de facetas dende as que se presenta ou pode ser interpretada unha cousa.

    3. Presentación para a súa posterior dun elemento ou cousa a considerar por alguén.

    4. Nome xenérico das diferentes situacións dos planetas respecto á Terra e ao Sol: conxunción, elongación, oposición, cuadratura.

    5. Cada unha das características que presenta unha especie ou comunidade correspondentes a cada etapa ao longo do ano. Nos climas cálidos e fríos pódense distinguir catro aspectos: primaveral, estival, outonal e invernal, ademais dun aspecto preprimaveral nos países subtropicais con seca no verán.

      1. Categoría verbal que afecta, concretamente, ás diferentes maneiras de representar unha acción dende o punto de vista do seu desenvolvemento, do seu termo e das súas consecuencias. Convén distinguilo do modo de acción, que está constituído polas características da acción de cada verbo. De acordo co modo de acción, os verbos pódense dividir en perfectos ou imperfectos. O aspecto ten unha expresión gramatical ben definida en linguas como as eslavas e o grego antigo. Nalgunhas linguas atópase unha expresión morfolóxica doutras calidades de acción como a iterativa, a intensiva, a causativa, etc.

      2. aspecto aorístico

        Aspecto verbal que presenta a acción desenvolvida no pasado, sen alusión especial ao principio, nin ao final nin á duración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor sueco. Defensor da natureza a partir da publicación Dikter under träden (Poemas baixo das árbores, 1956), escribiu, entre outras obras, poemas Ordbok (Dicionario, 1976), Elegier och Andra Dikter (Elexías e outras poesías, 1993); obras de narrativa Forebund (Augurio, 1953), Backen (O regato, 1958); ensaio Blavalen (A Balea Azul, 1979); e teatro Jag maste till Berlin (Moverse en Berlín) e Job (1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situada sobre o río Celeiro (Sarria). Trátase dunha ponte de catro arcos de pequena luz feitos con sillería granítica e apoiados sobre piares de largo semellante ao da luz dos arcos. Os piares rematan en tallamares semicirculares augas arriba e os tímpanos son canteria de xisto. Tanto polo tipo de fábrica como polos tímpanos, a imposta e os peitorís, na ponte existen dous momentos construtivos diferentes; a construción puido realizarse no s XIII, non obstante foi reconstruído en varias ocasións antes do s XIX, mentres funcionou como camiño de mercadorías. Forma parte do Camiño de Santiago que despois de atravesar Sarria pola rúa Maior conducía cara a Barbadelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Rodeiro baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa románica do s XIII situada no concello de Rodeiro. Consta dunha soa nave cuberta con madeira e presbiterio con bóveda de canón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de áspero.

    2. Desigualdade dunha superficie que fai difícil camiñar por ela.

    3. Trato ou aparencia brusca.

    4. Calidade de áspero que teñen algúns tecidos na súa superficie, presentando un aspecto desigual e rugoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo alemán do Hallstatt final caracterizado por ricas sepulturas tumulares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de moluscos da clase dos bivalvos que teñen a cuncha alongada en forma de tubo. O extremo superior do mesmo está tapado por unha lámina perforada. Viven soterrados perpendicularmente no fondo da area. Son propios dos mares cálidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mofos da subdivisión ascomicotina, de coloración diversa, con conidióforos de extremo globuloso, cuberto de fiálides que producen rosarios de conidiósporas. Abundan sobre materias orgánicas en descomposición e son produtores de aflatoxinas. Hainos que son parasitos de animais como o A. fumigatus, causante da asperxilose. Outras especies úsanse na elaboración de bebidas alcólicas a base de arroz como o sake, na produción de salsa de soia e na industria queixeira. Pola facilidade do seu cultivo puro e do seu ciclo de vida curto empregáronse como material en investigación xenética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ausencia de segregación ou de emisión seminal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Carencia de semente.

    2. Ausencia de formación ou de emisión de semen portador de espermatozoides.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Desagradable ao tacto polo feito de ter a superficie chea de desigualdades.

      2. Terreo que presenta desniveis ou irregularidades na súa estrutura.

    1. Que produce unha sensación desapracible en certos sentidos.

    2. Rudo, difícil, non suave.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de rociar.

    2. Sistema de rego que consiste en distribuír a auga en forma de chuvia mediante aparellos denominados aspersores. Estes reciben a auga a través de tubos fixos, acoplables ou desacoplables; son móbiles e pódense colocar nos puntos onde se precisen en cada momento determinado. O rego por aspersión comporta unha serie de vantaxes: un notable aforro de auga, facilita a mecanización do cultivo, posibilita a automatización do rego, reduce ata un 50 % a man de obra, etc. Pero o rego por aspersión tamén ten inconvenientes: facilita a aparición de herbas espontáneas ao deixar o solo moi compacto, provoca unha certa perda de auga por evaporación, etc. Está moi recomendado na loita contra as xeadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello empregado nas instalacións de rego por aspersión que serve para esparexer, en forma de chuvia, a auga que lle chega a unha certa presión orixinada por unha instalación de bombeo ou ben por un dispositivo nun nivel máis alto. Un aspersor fixo constitúese, esencialmente, por unha embocadura que lanza o chorro cara a arriba e unha peza cónica, sobre a que incide, e que dispersa a auga en todas as direccións. Os aspersores xiratorios poden ser de rotación rápida e de rotación lenta. No aspersor xiratorio de rotación rápida, esta prodúcese pola reacción que orixina un cambio de dirección da auga; tanto estes como os fixos son aplicados só en xardinería. O aspersor xiratorio de rotación lenta permitiu a grande expansión do rego por aspersión na agricultura. Constitúese, esencialmente, dun cano, dunha lonxitude que varía entre 2 cm e 50 cm, acabado nunha embocadura que lanza a auga coa inclinación axeitada e que aproveita a enerxía da auga para facela xirar respecto a un eixe vertical....

    VER O DETALLE DO TERMO