Aspe
Aspe
Municipio da provincia de Alacant, na comunidade Valenciana (16.391 h [1996]). Situado na depresión que atravesa perpendicularmente as serras prebéticas valencianas e comunica o altiplano co litoral. Ten agricultura de regadío (viña e froiteiras) e un importante sector forestal. Hai fábricas de caucho e de materiais eléctricos e cerámicos para a construción.