aspecto

aspecto

(< lat aspectu)

  1. s m

    Xeito de presentarse ou de aparecer alguén ou algunha cousa.

    Ex: O día ofrecía un aspecto magnífico.

    Sinónimos: aire, aire. Confrontacións: aire, aparencia, aire, aparencia.
  2. s m

    Conxunto de facetas dende as que se presenta ou pode ser interpretada unha cousa.

    Ex: Reuníronse para analizar os distintos aspectos da cuestión.

  3. s m

    Presentación para a súa posterior dun elemento ou cousa a considerar por alguén.

    Ex: É unha operación bancaria que ten un aspecto inmellorable.

  4. s m [ASTRON]

    Nome xenérico das diferentes situacións dos planetas respecto á Terra e ao Sol: conxunción, elongación, oposición, cuadratura.

  5. s m [BOT]

    Cada unha das características que presenta unha especie ou comunidade correspondentes a cada etapa ao longo do ano. Nos climas cálidos e fríos pódense distinguir catro aspectos: primaveral, estival, outonal e invernal, ademais dun aspecto preprimaveral nos países subtropicais con seca no verán.

    1. s m [GRAM]

      Categoría verbal que afecta, concretamente, ás diferentes maneiras de representar unha acción dende o punto de vista do seu desenvolvemento, do seu termo e das súas consecuencias. Convén distinguilo do modo de acción, que está constituído polas características da acción de cada verbo. De acordo co modo de acción, os verbos pódense dividir en perfectos ou imperfectos. O aspecto ten unha expresión gramatical ben definida en linguas como as eslavas e o grego antigo. Nalgunhas linguas atópase unha expresión morfolóxica doutras calidades de acción como a iterativa, a intensiva, a causativa, etc.

    2. aspecto aorístico

      Aspecto verbal que presenta a acción desenvolvida no pasado, sen alusión especial ao principio, nin ao final nin á duración.