aparencia
aparencia
(< lat apparentĭa)
-
s
f
Manera de aparecer, aspecto exterior que pode ser real ou non.
Ex: Collérono para o traballo porque ten moi boa aparencia.
-
s
f
Signos exteriores conducentes a determinar un xuízo sobre o carácter dunha persoa, un acto, etc.
Ex: As aparencias sempre enganan, en primeiro lugar coñéceo ben e logo dirás.
-
s
f
[FILOS]
Aspecto que presenta unha cousa a diferencia, mesmo en oposición, do seu ser verdadeiro.
Frases feitas
-
En aparencia/na aparencia. loc adv Aparentemente. Ex: En aparencia gaña moitos cartos con ese traballo.
-
Gardar as aparencias. Disimular unha realidade que non interesa manifestar. Ex: Debes gardar as aparencias e seguir co teu labor discretamente.