"Asturias" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 21.

  • ENTRADA LARGA

    Comunidade autónoma do estado español, constituída pola vertente marítima do extremo occidental da cordilleira Cantábrica, entre Galicia, ao O, e La Montaña (Cantabria), no L. (10.604 km2; 1.087.885 h [1996]). Abrangue a provincia de Asturias, constituída por 78 municipios (1996). A capital é Oviedo.
    Xeografía física
    Asturias está estruturada en dúas cordilleiras paralelas, unha litoral e outra interior, orixinadas polo realzamento dunha antiga cordilleira herciniana que enmarcan unha depresión prelitoral. As cordilleiras xúntanse no O nun cóbado de altitudes modestas (1.000 a 1.500 m) chocando coas serras orientais galegas. No L, a morfoloxía cárstica suave, de cume inferior a 1.500 m, é unha plataforma de abrasión mariña emerxida (rasa), tallada por numerosos ríos. Nas serras interiores a liña do cume sobrepasa xeralmente os 2.000 m. No O predominan os materiais palozoicos duros. No extremo L, os Picos de Europa, de morfoloxía calcaria, acadan...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia do Estado Español, a única da comunidade autónoma do Principado de Asturias. A súa capital é a cidade de Oviedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comarca da Comunidade Autónoma de Cantabria, entre os ríos Saja, ao L, e Nansa, ao O, na fronteira co Principado de Asturias. Limita ao S coa cordilleira Cantábrica. Trátase dunha rexión litoral no que o seu trazo máis característico é a rasa, produto dos distintos niveis de abrasión mariña ao longo da historia. Destacan os núcleos de Torrelavega, Suances, Santillana del Mar, Cabezón de la Sal e San Vicente de la Barquera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Estableceuse en París onde estudiou as civilizacións pre-colombinas e onde recibiu a influencia das vangardas. En 1930, ano en que publicou as Leyendas de Guatemala, volveu ao seu país. A súa obra, escrita nunha lingua barroca chea de indixenismos e neoloxismos, está construída sobre elementos da mitoloxía guatemalteca e técnicas herdadas do Surrealismo e do Expresionismo. Cultivou tamén a poesía. Foi galardoado co Premio Nobel de Literatura 1967. Con El señor presidente (1946), novela baseada na ditadura de Cabrera, configurou o mundo violento que desenvolveu despois en Hombres de maíz (1949), a triloxía Viento fuerte (1950), El Papa verde (1954) e Los ojos de los enterrados (1960), El ahijadito (1961) e Viernes de dolores (1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título dos fillos primoxénitos e herdeiros dos reis de España. Foi fundado por Xoán II en 1388 cun morgado para os fillos lexítimos e primoxénitos dos reis de Castela e León.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REINOS

    Reino constituído por grupos de fuxitivos que, a raíz da destrución da monarquía visigoda pola invasión musulmá da Península Ibérica, se refuxiaron en Asturias. Un deses aglutinadores dos refuxiados e naturais contra o dominio musulmán foi Paio, probablemente un nobre godo -se ben se ten discutido sobre a súa realidade histórica- quen se refuxiou nas montañas e foi recoñecido como adail ou príncipe (718). Unha expedición musulmá contra el foi derrotada en Covadonga (?722). Paio (morto no 737) puido manter a independencia deste núcleo, que se convertería na cerna do proceso que a historiografía tradicional deu en chamar Reconquista. Paio estableceuse en Cangas de Onís e foi xefe dunha dinastía que, se ben era de carácter electivo, ficou vencellada á súa familia. Afonso I (739-757) consolidou o Reino Ástur e principiou a súa expansión, incorporando Galicia. Silo (774-788) trasladou a corte a Pravia. Afonso II o Casto (791-842) resistiu os exércitos musulmáns; realizou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria fundada no ano 1974 con domicilio social en Oviedo e que antigamente se denominaba Banco de Langreo. Pertence ao grupo Banca Sabadell.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida na Coruña entre os anos 1907 e 1916 de perioricidade mensual. Trátase dunha revista que informaba sobre cuestións relacionadas coa agricultura e a gandería das dúas comunidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter oficial editada na Coruña na primeira década do século XX. Tiña periodicidade mensual. As súas informacións daban conta do estado xeral dos campos e das colleitas en Galicia e Asturias. Incluía tamén datos de producións, feiras e mercados. É significativa a sección relativa a prezos agrícolas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de periodicidade anual que se editou entre os anos 1810 e 1847. Malia que inicialmente foi coñecido como Calendario General para España del año 1810, arreglado por D.P.V. y V. para Galicia (imprenta de D. Manuel María Vila, A Coruña), deseguida adoptou o nome definitivo. A súa impresión realizábase cada ano nun obradoiro distinto das cidades de Santiago, A Coruña ou Valladolid, dependendo de quen tivera o privilexio exclusivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio do Principado de Asturias, situado entre Avilés e Gijón (16.502 h [1996]). Na súa economía destaca a industria siderúrxica (ENSIDESA), así como a agricultura (patacas, cereais e árbores froiteiras). A gandería vacúa permite desenvolver unha pequena industria láctea. Do seu patrimonio cultural destaca a igrexa de Santa María de Solís e o palacio de Peñalver.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Asturias, filla de Paio I e irmá do Rei Fáfila. O seu home, o Rei Afonso I o Católico (739-757), recibiu a coroa trala morte de Fáfila.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista quincenal editada en Madrid a partir do 15 de xuño de 1878. Cesou a súa edición o 10 de xaneiro de 1879. Dirixida por Manuel Murguía, incluíu colaboracións de Rosalía de Castro e Eduardo Pondal, e artigos en galego, castelán e bable. Imprimiuse na Tipografía Estereotipa de Perojo. Foi substituída por La Ilustración Gallega y Asturiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Asturias (783-788), fillo ilexítimo de Afonso I. Destronou o adolescente Afonso, fillo de Froila I. Durante o seu reinado, un período de paz interior e exterior, escribiuse o himno O Dei verbum, en honor ao apóstolo Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización que ten como obxectivo primordial a promoción do uso do galego e a procura do recoñecemento oficial polas autoridades asturianas para os 18 concellos más occidentais do Principado de Asturias onde se fala o galego. Celebrou, en Grandas de Salime, o seu congreso fundacional o 30 de outubro de 1988, despois da autodisolución do Grupo de Eilao Pro-Defensa da Nosa Lingua. Criticou   desde o seu nacemento o uso das equívocas denominacións oficiais astur-galaico e gallego-asturiano, así como o emprego do impreciso termo fala e do pexorativo falía, todas elas para se referir á lingua galega dos concellos máis occidentais de Asturias. En setembro de 1990 a MDGA publicou as Normas ortográficas e morfolóxicas del galego de Asturias e organizou, en decembro de 1990, as I Xornadas da Lingua e da Cultura Galega de Asturias: Na busca das raíces da Terra Navia-Eo. En marzo de 1992 comezou a publicación da revista A Freita, órgano difusor da MDGA, onde, con carácter divulgativo, se trataban...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e poeta, segundo conde de Noroña (1792). Durante a guerra contra a Revolución Francesa ascendeu a comandante (1792) e coronel (1793). Foi segundo comandante do exército e Reino de Galicia e, como tenente xeneral, mandou unha división durante a Guerra da Independencia (1808-1814) e defendeu Pontesampaio fronte ao xeneral M. Ney. Apoiou a postura do marqués de La Romana á fronte da Xunta Suprema de Galicia. Escribiu Poesías (1799) e Poesías asiáticas (1882).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de regras que pretenden ser unha norma do galego de Asturias. Na súa redacción partiuse de dous principios básicos: a) as falas do estremo occidental de Asturias son variedades do galego oriental e b) o referente é o galego común, pero respectando a personalidade lingüística das variedades galegas da Terra Eo-Navia. Foron publicadas en setembro de 1990 pola Mesa prá Defensa del Galego de Asturias e da Cultura da Comarca (MDGA) e redactadas por unha comisión constituída por Xosé Carlos Álvarez Blanco, Xoán Babarro González, Francisco Fernández Rei, Celso Martínez Fernández, Antonio Meilán García e Antón Fernández Santamarina. Son as normas que se empregan na revista Freita e nas diversas publicacións da MDGA.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Primeiro rei de Asturias (710?-737). Cabaleiro da garda real de Vitiza e de Rodrigo, retivérono como refén os sarracenos en Córdoba e fuxiu a Asturias en 717. Refuxiado nas serras dos Picos de Europa, provocou a rebelión dos ástures, que o nomearon xefe (718), e derrotou os sarracenos na Batalla de Covadonga (722). Foi sucedido polo seu fillo Favila e a súa filla Ermesinda casou co futuro Afonso I de Asturias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título que recibe o herdeiro ao trono de España.

    VER O DETALLE DO TERMO