"Atanasio" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo procedente do grego Athanasios, derivado de thanatos ( ϴ άνατος) ‘morte’ co prefixo privativo a-; isto é, ‘o inmortal’. Coñécense con este nome: santo Atanasio o Grande (295-373), Patriarca de Alexandría, que se enfrontou á herexía de Ario, e un dos discípulos de Santiago que seica trouxo a Compostela o corpo do apóstolo; e santo Atanasio de Athos (920-1003), abade que fundou no monte Athos o mosteiro da Gran Laura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
o Grande , santo (Alexandría 295? - ? 373) Patriarca de Alexandría dende 328 a 373, Doutor da Igrexa, e un dos catro grandes pais orientais. Sucedeu ao Patriarca Alexandre. Asistiu ao Concilio de Nicea, celebrado no 325, onde se enfrontou á doutrina de Ario ( arianismo), negadora da divindade de Cristo, e acadou que o Concilio heretizase o Arianismo e introducise no Credo frases radicalmente opostas aos preceptos arianistas: “nado do Pai antes de todos os séculos, Deus de Deus, luz de luz, Deus verdadeiro de Deus verdadeiro, xerado, non creado, da mesma natureza ca o Pai”. Durante as subseguintes loitas foi desterrado cinco veces da sé bispal (336, 339, 356, 362, 365). A súa actividade como grande opositor do Arianismo maniféstase, tanto nas súas obras De incarnatione (A encarnación) e Adversus arrianos (Contra aos arianos), como no Sínodo Alexandrino de 362, onde se chegou á formulación do concepto de ‘Persoa’ (divina), en...
-
VER O DETALLE DO TERMO
, santo (Trebisonda 920 - Athos 1003) Abade. Monxe en Bitinia, no 953 pasou ao monte Athos, onde fundou o mosteiro despois chamado a Gran Laura e organizou a vida monástica na península de Athos. A súa festa celébrase o 5 de xullo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
frei (Vitoria s XVI - Madrid?) Monxe cisterciense. Doutor en Teoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, predicador xeral, e abade do Colegio de Alcalá de Henares. Foi nomeado por Filipe IV abade dos mosteiros de Iranzu, Fitero e La Oliva. Escribiu De traslatione episcoporum.
-
PERSOEIRO
Franciscano. Cronista xeral da provincia de Santiago, dirixiu a publicación Archivo Íbero-Americano e El Eco Franciscano (1904-1905) e colaborou no Archivum Franciscanum Historicum (1908) e na Revista de Estudios Franciscanos. Dos seus libros destacan Viaje de San Francisco a España (1914), Estudios crítico-históricos sobre Galicia (1916) e, postumamente, La imprenta en Galicia (siglos XV-XVIII) (1953).
VER O DETALLE DO TERMO