Atanasio

Atanasio
[ONOM]

Antropónimo procedente do grego Athanasios, derivado de thanatos ( ϴ άνατος) ‘morte’ co prefixo privativo a-; isto é, ‘o inmortal’. Coñécense con este nome: santo Atanasio o Grande (295-373), Patriarca de Alexandría, que se enfrontou á herexía de Ario, e un dos discípulos de Santiago que seica trouxo a Compostela o corpo do apóstolo; e santo Atanasio de Athos (920-1003), abade que fundou no monte Athos o mosteiro da Gran Laura.

Palabras veciñas

Atanagrum | atanar | atanasia | Atanasio | Atanasio | Atanasio de Athos | Atanaxildo