"Atenas" (Contén)
Mostrando 12 resultados de 12.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte máis elevada da antiga Atenas, situada nunha penichaira calcaria, a 100 m sobre o nivel da cidade. As orixes do establecemento humano na Acrópole remóntanse á época neolítica, pero é no período micénico cando se rodea de muralla por vez primeira (s XV a C). En tempos da invasión doria reconstruíuse a muralla con bloques ciclópeos: é o valado pelásxico, do que se conservan fragmentos. Durante a Segunda Guerra Médica (s V a C) os persas tomaron facilmente a praza destruíndoa. Coas ruínas Temístocles reconstruíu os muros, mercede ao cal conserváronse os restos da decoración do Partenón antigo e unha serie de estatuas, das que salientan as korai ou doncelas do estilo arcaico nas capas estratigráficas do denominado substrato persa. Na súa época de máximo esplendor (mediados do s V), Pericles fixo trasladar o tesouro da confederación de Delos a Atenas, dedicándose a construír con este fondo un conxunto monumental, del só conservamos restos, designando a Fidias director...
-
PERSOEIRO
Duque de Atenas, fillo de Rainerio de Atenas. Coa axuda dos gregos reuniu as posesións do seu pai en Grecia. Foi un aliado dos turcos e mantivo durante trinta anos a paz na Ática e en Beocia, embelecendo a súa capital.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo da escola alexandrina, discípulo directo de Aristarco. Autor de tratados sobre cronoloxía, mitografía, xeografía, teoloxía e gramática (Etimoloxías).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor grego. Autor do torso do Belvedere e do Puxilista sentado.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital de Grecia e do nomós da Ática (748.110 h [1991]). Situada na chaira drenada polo Cefís e o seu afluente, o Ilís, a cidade ten un clima caloroso e moi seco. É o primeiro centro industrial do país, pero as principais funcións da cidade son a comercial, a cultural e as político-administrativas, derivadas da súa condición capitalina. O rápido crecemento da cidade foi ocasionado, en gran parte, polo fluxo de refuxiados procedentes de Turquía (1923) e de fuxitivos da Guerra Civil (1944-1948). O seu porto, o Pireo, atópase a 8 km do centro da cidade. É sé arcebispal ortodoxa (igrexa de Grecia). Entre os monumentos da Antigüidade clásica destaca o conxunto da Acrópole; ao seu pé están as ruínas da ágora, ao O da cal está o Teseon (s V a C), templo dórico moi ben conservado. Acaroado ao outeiro da Acrópole está o Teatro de Dionisos (s IV a C), refeito varias veces, e o Odeón de Herodes Ático (s II). Da época bizantina consérvanse varias igrexas de reducidas dimensións...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que se coñece a síntese dos acordos tratados no IV Congreso Internacional de Arquitectura Moderna (CIAM), de 1933. Tivo un carácter de manifesto e prevaleceron as ideas urbanísticas de Le Corbusier.
-
DUCADOS
Territorio do Imperio Latino de Oriente na Beocia e na Ática, establecido como señorío no 1204 a prol do nobre francés Odón de la Roche, coñecido como Odón I de Atenas. O Ducado pasou de herdeiro en herdeiro ata Gualterio I de Atenas, quen contratou os almogávares (1310) para combater a Ana, señora do Despotado de Arta e inimiga de Gualterio. Cando este racha os pactos cos aragoneses, os almogávares vínganse e dan morte ao Duque na Batalla de Cefís (1311), converténdose entón o Ducado francés de Atenas en Ducado aragonés de Atenas. Federico II de Sicilia, por solicitude dos almogávares, nomeou Duque ao seu fillo Manfredo I de Atenas (1312-1317) e despois ao seu outro fillo Guillerme II de Atenas (1317-1338), durante o goberno do cal foi conquistado e unido ao seu dominio o Ducado de Neopatria (1319). Os almogávares permanecían como propietarios legais do país, gañado polas armas, que en teoría era feudatario do Duque real, que nomeaba un vigairo xeral como xefe executivo do Ducado, que...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Escola neoplatónica dos ss V-VI d C fundada por Plutarco de Atenas e que contou con Procles entre os seus representantes. Caracterízase por unha orientación teolóxica e sistemática, pola aplicación da lóxica ás especulacións metafísicas e pola idea de emanación.
-
PERSOEIRO
Escultor grego. Atribúeselle a creación do capitel corintio, idea que xurdiu despois de contemplar cómo crecían as follas de acanto ao redor dun cesto que se atopaba sobre unha tumba. Non se conservan obras orixinais nin copias.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Primeiro dos códigos legais de orixe grega coñecido establecido por Dracón a finais do s VI, sometida a matizacións dun xeito case constante. Limitaba o exercicio da xustiza ao Estado, fronte ao anterior modelo de vinganza familiar. A comezos do s VI a C, Solón devolveulles a vixencia ás normas de Dracón, e cando aboliu os poderes da nobreza, deulle a Atenas unha constitución democrática. As reformas de Clístenes, a finais do s VI, coas que modificaba as catro tribos tradicionais e instituía as dez tribos clásicas, xunto ás de Pericles, a mediados do s V, outorgáronlle o seu aspecto definitivo. Permaneceu vixente ata o s VIII d C. Coñécese grazas ao tratado de Aristóteles do mesmo nome, incluído nunha obra na que se recollía a historia e o funcionamento das constitucións doutras cidades gregas, ata chegar a 158.
-
FILOSOFOS
Filósofo grego. Membro da Academia platónica, dedicouse á ética e mantivo unhas propostas semellantes ás de Polemón na busca das ideas superiores.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (136-140). Loitou contra os gnósticos e ditou disposicións para regulamentar a xerarquía sacerdotal, desarticulada tralas persecucións de Traxano e Adriano. Posiblemente sufriu persecución e martirio. Na iconografía viste de pontifical, con sagrado palio e tiara; e leva como atributos un pergamiño despregado con caracteres gregos. A súa festividade celébrase o 11 de xaneiro.
VER O DETALLE DO TERMO