Toulon
Toulon
Cidade de Provenza-Alpes-Costa Azul, Occitania, capital do departamento de Var, Francia (160.639 h [1999]; 519.640 h [1999] na aglomeración urbana). É unha importante cidade portuaria, con estaleiros e industrias químicas. De pequeno poboamento converteuse en cidade estratéxica coa anexión a Francia, grazas a Luís XV que a converteu nun centro militar, papel que se incrementou nos ss XIX e XX, coa instalación da escuadra francesa do Mediterráneo.