"Augsburgo" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • ou Augusta Cidade de Suabia, en Baviera, Alemaña, situada entre os vales do Lech e do Wertach (258.457 h [1997]). Centro tradicional da industria téxtil desde 1840 acolle industrias mecánicas, eléctricas, aeronáuticas e electrónicas (Siemens), instaladas polas grandes empresas do Rhur e de Berlín. Ten universidade. Antiga colonia militar fundada por Druso no ano 15 a C co nome de Augusta Vindelicum, constituíu un importante centro comercial na vía Claudia. Capital da Raetia Secunda durante o s IV, foi saqueada polos hunos no s V. No s VI pasou a ser bispado e dependeu dos duques de Suabia e Baviera. Durante toda a Idade Media, destacou como unha das cidades máis prósperas da Alemaña. En 1276 Rodolfo de Habsburgo outorgoulle os privilexios de cidade imperial libre. Durante os ss XV e XVI, Augsburgo viu aumentar a súa potencialidade económica, impulsada polas ilustres familias comerciantes dos Fugger e dos Welser e converteuse no primeiro centro bancario...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Principado eclesiástico do Sacro Imperio Romano-Xermánico, pertencente ao círculo de Suabia, que se estendía desde Allgäu ata máis alá do Danubio. Os bispos de Augsburgo, que residen desde 1258 en Dillingen, tomaron a xurisdición sobre a cidade en 1316. O principado foi incorporado a Baviera en 1803.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento presentado na Dieta de Augsburgo de 1530 redactado en latín e alemán por Melanchthon en termos máis ben moderados, e aprobado preventivamente por Lutero. A primeira parte contén a formulación da fe luterana, procurando mencionar pouco os puntos de diverxencia, e a segunda sinala os abusos que os católicos han de corrixir. O Emperador Carlos V encargou a Johann Ech e Konrad Wimpina a redacción da resposta, coñecida co nome de Confutatio Pontificia. Melanchthon respondeulle coa Apoloxía. O mesmo Lutero rechazou finalmente o documento, considerado por el mesmo irenista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asemblea convocada en 1530 polo Emperador Carlos V, aconsellado polo seu chanceler erasmista Mercurino Gattinara, co intento de conseguir unha reconciliación das igrexas reformadas coa Igrexa de Roma. A Dieta inaugurouse o 20 de xuño e Lutero, que se atopaba desterrado do Imperio, permaneceu en Coburgo co elector Xoán de Saxonia. Melanchthon presentou a Confesión de Augsburgo; Zwingli, a Confesión de Zúric, Berna e Basilea; e Bucer, a das cidades de Estrasburgo, Constanza, Lindau e Memmingen (Confesión Tetrapolitana). O 22 de setembro a Dieta acordou conceder aos protestantes un prazo de sete meses para volver á comuñón romana e pediulles colaborar co Emperador na loita contra os parlamentarios. O 15 de novembro Carlos V ordenou a aplicación do Edito de Worms (1521) e o restablecemento da xurisdición episcopal coa restitución dos seus bens.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo redactado polos teólogos Julius von Pflug e Michael Helding, católicos, e Johannes Agricola, protestante, en 1548 en nome do Emperador Carlos V e que concedía aos protestantes o matrimonio dos sacerdotes e a comuñón coas dúas especies aos laicos. O acordo silenciaba a controvertida cuestión dos bens eclesiásticos secularizados. Non foi aceptada nin polos católicos nin polos protestantes, pero provocou a suspensión do Concilio de Trento por parte do Papa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coalición política europea de carácter defensivo antifrancés asinada en 1686, motivada pola política de anexións de Luís XIV. A Liga, integrada polo Emperador Leopoldo I, España, Suecia, os príncipes alemáns e Holanda, tiña por obxecto esixir o cumprimento dos tratados de Nimega (1678) e Ratisbona (1684), e defender a integridade dos territorios aliados. A invasión do Palatinado por parte de Luís XIV obrigou á liga a defenderse, e en 1689 Guillerme de Orange, stadhouder das Provincias Unidas e Rei de Inglaterra, entrou tamén na coalición. Xaime II, coa axuda francesa, intentou entón a reconquista do trono de Inglaterra. A guerra da Liga de Augsburgo estendeuse tamén ao mar e ás colonias inglesas e francesas de América; o 30 de xuño de 1690 tivo lugar unha vitoria naval francesa en Beachy Head sobre a flota anglo-holandesa. Non obstante , dous anos máis tarde a flota francesa foi derrotada polos anglo-holandeses. Os corsarios tiveron un papel moi importante no ataque á navegación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo asinado entre os católicos e os seguidores da confesión de Augsburgo (1555). Con el foron excluídos os partidarios de Zwingli e os anabaptistas. Con este acordo estableceuse un compromiso político-relixioso que marcou a división da Alemaña entre as dúas confesións. Concedíase o dereito de reformar os estados do Imperio e de dispoñer que a relixión de cada príncipe fose obrigatoria para os seus súbditos; quen non o aceptase podía emigrar sen danos nin no seu honor nin nos seus bens; as cidades imperiais reformadas tiñan que respectar as minorías católicas. Recoñecía tamén aos príncipes alemáns as terras de dominio eclesiástico que estiveran secularizadas ata o Tratado de Passau (1552). O arquiduque Fernando de Austria engadiulles o chamado reservatum ecclesiasticum, polo que os bispos e os abades que se pasasen á Reforma perdían o seu oficio, as rendas e o territorio.

    VER O DETALLE DO TERMO