"Austria" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 61.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Österreichische Akademie der Wissenschaften.
-
PERSOEIRO
Arquiduque de Austria, fillo do Emperador Maximiliano II. Foi educado na corte de Filipe II, que o designou Cardeal (1577) e Arcebispo de Toledo (1584). Vicerrei de Portugal (1587), que defendeu contra os ingleses, e gobernador dos Países Baixos (1591). Na Paz de Vervins decidiuse o seu casamento con Isabel Clara Uxía, filla de Filipe II e soberana dos Países Baixos católicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Alberte I.
-
VER O DETALLE DO TERMO
o Sabio ou o Coxo (Viena 1298 - 1358) Duque de Austria (1330-1358), da familia Habsburgo, fillo de Alberte I. Gobernou xunto co seu irmán Otón; morto este (1339), posuíu todos os territorios dos Habsburgo. Polo seu matrimonio con Xoana (1324), filla de Ulrich, foron incorporadas Carintia, Carniola e o condado de Pfirt (1335). Someteu os cantóns de Glaris e Zug.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou de Trenza (Viena 1349 - Laxenburg, Austria 1395) Duque de Austria (1365-1395) da familia Habsburgo, fillo de Alberte II. Gobernou xunto co seu irmán Leopoldo III; as diverxencias xurdidas entre eles conduciron á división de Neuberg (1379), orixe dos bandos “albertino” e “leopoldino” no seo dos Habsburgo. Alberte conservou a Alta e a Baixa Austria. Morto Leopoldo (1386), Alberte acordou unha tregua cos suízos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
o Paciente (Viena 1377 - Klosterneuberg, Baixa Austria) Duque de Austria (1395-1404) fillo de Alberte III. Agrupouse no bando albertino dos Habsburgo. Polo Tratado de Hollenburg (1395), gobernou xunto con Guillem, fillo do seu tío Leopoldo III.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alberte II.
-
VER O DETALLE DO TERMO
o Pródigo (Innsbruck, Tirol 1418 - Viena 1463) Duque de Austria, do bando leopoldino dos Habsburgo, fillo do duque de Estiria, Ernesto I. Obtivo a parte occidental dos estados do seu pai, mentres o seu irmán Federico V (o futuro emperador Federico III) recibiu Estiria, Carintia e Carniola. Fíxose coa Alta Austria (1458) e a Baixa Austria (1462) trala morte de Ladislao I.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Land de Austria (11.979 km2; 1.386.000 h [estim 1995]). A capital é Linz. Rexión predominantemente montañosa que se estende dende os contrafortes setentrionais de Niedere Tauern ata o val do Danubio, no centro, e as montañas de Mühlviertel ao N. Entre o Inn e o Traun a enerxía proporcionada por numerosas centrais hidroeléctricas fixo posible a industrialización, pero a agricultura é o principal recurso da rexión. A industria atópase concentrada nos principais núcleos de poboación, Linz e Steyr. Outros recursos son o sal (Salzkammergut) e o lignito, que se extrae en Hausruck. A Alta Austria era un dos estados dos Habsburgo durante a Alta Idade Media. Máis tarde foi un Arquiducado do Imperio Austríaco ata 1918, que foi federado dentro da República Austríaca. Entre 1938-1845 convértese en provincia do Terceiro Reich organizada polos nazis co nome de Distrito do Alto Danubio.
-
PERSOEIRO
Raíña de Castela. Filla do Emperador Maximiliano e de María, irmá de Filipe II. Cuarta muller de Filipe II de Castela e nai de Filipe III.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Francia. Filla de Filipe III de Castela e Margarita de Austria, casou con Luís XIII de Francia en 1615. Rexente de Francia en nome do seu fillo Luís XIV (1643), gobernou con Mazzarino. Baixo a súa Rexencia liquidouse a Revolta da Fronda, púxose fin á Guerra dos Trinta Anos (Tratado de Westfalia, 1648) e asinouse o Tratado dos Pireneos (1659). O seu papel cesou coa morte de Mazzarino e o acceso ao poder de Luís XIV.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Estado da Europa central alpina que limita con Liechtenstein e Suíza ao O, con Alemaña e a República Checa ao N, con Hungría e Eslovaquia ao L e con Italia e Eslovenia ao S (83.859 km2; 8.087.000 h [1997]). A súa capital é Viena.
XeografíaXeografía física
VER O DETALLE DO TERMO
Distínguense tres grandes rexións xeomorfolóxicas: a Austria propiamente alpina, a Austria danubiana e o Burgenland. Os vales do Inn e do Brenner dividen a Austria alpina en dous sectores; no O, a zona axial da cordilleira alpina comprende o Voralberg e o Tirol, depresión pechada de clima relativamente seco. No L os Alpes austríacos divídense conformando os Prealpes ao N, cunha serie de bloques calcarios (Dachstein) e altas superficies cársticas (Totes Gebirge) e os Alpes centrais, formados polos Alpes Cárnicos, onde está a máxima elevación (Grossglockner, 3.797 m). A Austria danubiana comprende os altiplanos da Alta e da Baixa Austria; trátase dunha área de transición... -
VER O DETALLE DO TERMO
Casa de Habsburgo.
-
PERSOEIRO
Fillo natural do Emperador Carlos V e de Bárbara Blomberg. No 1559 foi recoñecido polo seu irmán Filipe II de Castela. Nomeado capitán xeral do Mediterráneo (1568), loitou contra turcos e bérberes baixo a tutela do seu conselleiro Luís de Requesens. No 1569 someteu a revolta mourisca das Alpujarras. Uns anos máis tarde venceu a flota turca na batalla de Lepanto (1574). Foi vicerrei de Nápoles (1575-1576) e, á morte de Luís de Requesens, sucedeuno como gobernador dos Países Baixos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e militar. Fillo natural de Filipe IV de Castela e da actriz María Calderón, chamada La Calderona. No ano 1642 foi recoñecido polo seu pai. Vicerrei de Sicilia (1648-1651), entre o 1651 e o 1652, xunto co marqués de Mortarra, dirixiu o asedio de Barcelona. Nomeárono lugartenente de Catalunya no 1653-1656 e gobernador de Flandres no 1656-1659; ademais exerceu sen éxito o mando do exército de Portugal (1661-1664). No 1676 foi nomeado Primeiro Ministro. Durante o seu goberno asinouse a Paz de Nimega (1678).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arcebispo de València (1538-1544) e bispo de Liexa (1544-1557). Fillo natural de Maximiliano I, Emperador romano-xermánico. Presentado por Carlos V, o Papa Paulo III nomeouno arcebispo de València, ordenándoo presbítero e consagrándoo bispo no 1539. Renunciou á arquidiocese no 1544, ao ser nomeado bispo e príncipe de Liexa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Partidario da casa de Austria durante a Guerra de Sucesión á coroa hispánica.
-
-
Relativo ou pertencente a Austria ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Austria.
-
Arte desenvolvida nos territorios xermánicos que constituíron o núcleo tradicional do patrimonio da casa de Austria e, posteriormente, a República de Austria. A influencia das ordes mendicantes favoreceu en Austria a oposición á catedral gótica de tipo francés, esta foi substituída por un tipo de igrexa funcional que chegou a ser o novo ideal da arquitectura relixiosa alemana. No s XV déuselle grande importancia aos altares e aos baldaquinos; o tirolés Michael Pacher foi o gran precursor de Durero na tarefa de sintetizar a arte alemá e italiana. Nos ss XVI e XVII, a preeminencia de Bohemia motivou un período de estancamento para a arte austríaca. O sobrio Barroco tardío foi unha síntese do Clasicismo francés e do Barroco italiano, iniciado por Johann Bernhard Fischer von Erlach. A arte austríaca non tivo un Gótico florido, nin un Manierismo, nin tampouco un Rococó nin un Romanticismo exaltado; a mesura tradicional formou tamén a obra setecentista do escultor Georg Raphael Donner; na pintura...
-
Cine producido en Austria. Coa chegada do cine falado, da tradición musical e do espectáculo en Viena foi a base fundamental para unha ampla produción de comedias “vienesas” e operetas filmadas. W. Forst creou un “estilo vienés” do filme musical. A Segunda Guerra Mundial destruíu esta industria, que non se refixo ata os anos 1948-1950. Pabst con Der Prozess (1948) e Cavalcanti coa realización de Herr Puntila und sein Knecht Matti (1956) de Brecht, foron os dous indicadores do rexurdimento cinematográfico que, malia os seus esforzos, non foi secundada. A produción decaeu ata os tres filmes anuais no 1971, a causa, en parte, da forte dependencia con respecto á cinematografía alemana. Aínda así, a tendencia dos filmes de autor, de arte e ensaio, malia que minoritaria, tivo como resultado unha produción de calidade, con poucos títulos ao ano, que a principios da década dos oitenta conseguiu galardóns importantes en festivais e encontros cinematográficos internacionais. Entre...
-
Escola de pensamento económico centrada na cidade de Viena, unha das tres variantes do Marxinalismo (1870-1930). O seu fundador, Karl Menger, iniciou, con Jevons e Walras, a revolución marxinalista. Os seus principais discípulos foron Eugen von Böhm-Bawerk e Friedrich von Wieser. Nos seminarios de Viena formáronse os pais da nova escola austríaca, entre outros: Ludwig von Mises, Friedrich August von Hayek, Weis e Somary. Os economistas da escola austríaca caracterízanse por empregar un método antihistoricista e antifuncionalista, influído polo positivismo do círculo de Viena e polo aristotelismo do Schottengymnasium. Consideraban que o obxecto da economía non era o de investigar as magnitudes, senón a esencia do valor, da renda, do beneficio, etc; que non se trataba de descubrir leis empíricas, senón leis “exactas” que describisen as configuracións inmutables da vida económica e que, a partir da natureza física e humana, se puidese determinar o mundo económico. A causalidade e...
-
Fases tectónicas do ciclo paleoalpino que se atoparon cara ao límite Aptiano-Albiano, a primeira, e cara ao límite Albiano-Cenomaniano, a segunda.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Land de Austria (19.174 km2; 1.518.000 h [1995]). A capital é Sankt Pölten. Esténdese, de N a S, desde a fronteira coa República Checa ata o land de Estiria, e inclúe no seu territorio a área da Gran Viena, de administración autónoma. A Baixa Austria posúe a metade das terras cultivables do país. A industria concéntrase preto de Viena (maquinaria, tecidos), na área de Sankt Pölten, Amstetten e nos arredores de Baden, que son ao mesmo tempo os principais núcleos de poboación. O petróleo e o gas natural, así como as plantas hidroeléctricas instaladas nos cursos do Danubio e o Enns, satisfacen a súa demanda enerxética. O turismo é importante na rexión alpina, onde se construiron varios balnearios. Centro da Marca creada por Carlomagno no ano 803, a Baixa Austria converteuse despois en dominio dos Babenberg (955-1246), de Otokar II, Rei da Bohemia (1246-1278) e da Casa de Habsburgo (1278-1918). Converteuse en estado da República en 1918. Dous anos despois, Viena...
-
PERSOEIRO
Príncipe de Asturias e de Girona, fillo de Filipe IV e de Isabel de Francia. Foi elixido no ano 1632 polas Cortes de Castela como príncipe herdeiro, aínda que morreu de varíola antes de acceder ao trono. Retratouno en numerosas ocasións Velázquez e o seu círculo (Baltasar Carlos a caballo, 1634-1635, e Baltasar Carlos cazador, 1635-1636).
VER O DETALLE DO TERMO