Alta Austria

Alta Austria

Land de Austria (11.979 km2; 1.386.000 h [estim 1995]). A capital é Linz. Rexión predominantemente montañosa que se estende dende os contrafortes setentrionais de Niedere Tauern ata o val do Danubio, no centro, e as montañas de Mühlviertel ao N. Entre o Inn e o Traun a enerxía proporcionada por numerosas centrais hidroeléctricas fixo posible a industrialización, pero a agricultura é o principal recurso da rexión. A industria atópase concentrada nos principais núcleos de poboación, Linz e Steyr. Outros recursos son o sal (Salzkammergut) e o lignito, que se extrae en Hausruck. A Alta Austria era un dos estados dos Habsburgo durante a Alta Idade Media. Máis tarde foi un Arquiducado do Imperio Austríaco ata 1918, que foi federado dentro da República Austríaca. Entre 1938-1845 convértese en provincia do Terceiro Reich organizada polos nazis co nome de Distrito do Alto Danubio.

Palabras veciñas

Alta | alta | Alta | Alta Austria | Alta Córsega | Alta Kotto | Alta M’Bomou