alta

alta

(< lat alta)

  1. s f

    Permiso dado ao convalecente para volver á súa actividade cotiá.

    Ex: Entregoulle a alta para que puidese regresar á fábrica. 

  2. s f

    Manifestación do ingreso nun corpo ou nunha asociación para permitir o retorno ao traballo despois dunha enfermidade, etc.

    Ex: O médico non me quixo dar a alta pois di que aínda non estou ben. 

  3. s f [BÉL] Antónimos: baixa, baixa.
    1. No exército, entrada en servicio activo dun militar que se destina a un corpo determinado ou que torna despois de estar de baixa.

      Antónimos: baixa, baixa.
    2. Documento que acredita a entrada.

  4. s f [DER]

    Declaración por medio da cal unha persoa, unha veiga, unha industria, un vehículo, etc se inclúen nun padrón, nun censo, nun rexistro ou nunha lista, a efectos tributarios, estatísticos, de exercicio de actividades, de recuperación de traballo despois dunha enfermidade ou con outros fins diversos.

  5. s f [INFORM]

    Proceso polo que unha persoa dispón de acceso a servicios de telecomunicacións.

  6. s f [INFORM]

    Envío de información a un buscador para que este inclúa unha páxina web na súa base de datos.

Frases feitas

  • Dar a alta. Dar o médico a un por curado. Ex: Déronlle a alta hoxe no Meixoeiro e xa vai para a casa.

  • Darse de alta. Inscribirse como socio nalgunha entidade. Ex: Deuse de alta no club do libro.

Palabras veciñas

alt(o)- | alta | Alta | alta | Alta | Alta Austria | Alta Córsega