"Auxerre" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
CIDADES
Cidade da Borgoña, capital do departamento de Yonne, Francia (38.819 h [1990]). Foi a antiga capital dos senons, chamada polos romanos Autissiodorum. No s X converteuse en sede dun Condado de Auxerre. No 1435 pola Paz de Arrás, esta cidade foi cedida aos duques de Borgoña; estes posuírona ata a morte de Carlos o Temerario (1473), momento no que pasou a Francia. Destacan a súa catedral (ss XIII-XVI) e a Igrexa de Saint-Germain (ss XIII-XIV).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo franco. Foi frade de Saint Germain de Auxerre, onde dirixiu a escola (876?). Discípulo de John Scott e de Llop de Ferrières, comentou os principais teólogos e poetas do seu tempo. Como esexeta é coñecido pola Expositio super Genesim e as Enarrationes in psalmos. A súa Expositio de celebratione missae atribuíuse a Alcuino de York.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
san (378? - 445) Gobernador romano e bispo de Auxerre. Prestou axuda para derrotar os saxóns e os pictos e, segundo a tradición, un incendio respectou a casa onde xacía enfermo. Represéntase vestido de bispo, con mitra e báculo. A súa festividade celébrase o 31 de xullo.