"Azas" (Contén)
Mostrando 16 resultados de 16.
-
MUNICIPIOS
Municipio da Comunidad Autónoma de Murcia, na comarca da Vega do Segura (6.973 h [1996]). Igrexa mudéxar con cruceiro neoclásico do s XVIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrofísico soviético. Foi Presidente da Academia de Ciencias da RSS de Armenia, profesor da Universidade de Erevan, e director e fundador do observatorio de Biurakan. En 1955 formulou a inestabilidade dos sistemas de galaxias, enunciando que se atopan en estado de expansión e que os seus compoñentes afástanse dun centro común. A partir do estudo sistemático dos grupos estelares inestables encontrou as asociacións de estrelas, nacidas, segundo el, de sistemas múltiples de enerxía positiva. Publicou, entre outras obras, Teoreticheskaia astrofizika (Astrofísica teórica, 1939). Foi Presidente da Unión Astronómica Internacional (1961-1964) e premio Stalin 1950.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antibiótico antifúnxico producido pola bacteria Streptomyces fragilis ou por síntese artificial. Utilízase tamén como axente antineoplástico.
-
GALICIA
Escritor. Licenciado en Filoloxía Xermánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Comezou a súa andaina literaria coa novela Cabeza de chorlito (1991), traducida ao castelán en 1993, e continuou con Criminal (1994), coa que acadou o Premio da Crítica Española en Lingua Galega e o Premio San Clemente de lectores novos; Eu é (1996) e Contos malvados (1998). Ten participado ademais en varias publicacións colectivas como Antídotos contra a suor, promovido por O Correo Galego en 1995, co relato “Os gardacostas”; en Novo do trinque (1997) coa narración “Publicidade sen lucro”, e en Rumbo ás illas. Escritores da Costa da Morte nas Sisargas co relato titulado “Graceland”.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Barco de guerra destinado a combater submarinos, dotado de cargas de profundidade. As súas funcións tamén as realizan os destrutores ou as lanchas antisubmarinas.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Avión baixo a advocación de santo Antonio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Formado posiblemente en Italia, a súa obra mostra unha influencia de Michelangelo. Asociado cos tallistas J. De Tours e K. Massiques, realizou entre outros, os retablos de Mollet, Dosrius e Canyamars. Consérvanse, entre outras obras, o Enterrament de Jesús (Enterro de Xesús, 1542) na igrexa do Sant Esperit de Terrassa, a imaxe da Mare de Déu de la Vitòria (Virxe da Victoria, 1556), da capela do Palau Reial Menor de Barcelona e a Mare de Déu (Virxe) do altar maior de Sanaüja (1543). Atribúeselle a Mare de Déu de Montserrat (Virxe de Montserrat) do arquivo da igrexa dos Sants Just i Pastor de Barcelona.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre. Coñecido como Chocolito, estudiou na Escola Normal de Ourense. No primeiro bienio da República ensinou en Bóveda de Amoeiro (Amoeiro), a carón de Rafael Alonso, Ignacio Herrero, Adolfo R. Ansias e Elixio Núñez, dirixentes da Asociación de Traballadores do Ensino de Ourense (ATEO), e cos que comezou o traballo asociativo. Colaborou na súa revista mensual, Escuela del Trabajo, con diversos artigos sobre pedagoxía. En 1934 gañou en propiedade a praza de mestre na escola de Vilariño (O Pereiro de Aguiar), na que puxo en práctica os métodos activos, facendo xirar as distintas materias ao redor da Xeografía Parroquial, material que destruíu cando fuxiu a Portugal (1942) e que recuperou esquematicamente nun artigo publicado na Revista Galega de Educación (1985). En 1932 militou en Izquierda Comunista de España e, en 1935, entrou no Partido Obrero de Unificación Marxista (POUM). Escribiu no periódico Espartaco, voceiro dos mozos antifascistas ourensáns, e tivo...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor, debuxante, ilustrador e escritor. Desde moi novo distinguiuse polos seus dotes de debuxante e aos doce anos abandonou os estudios para pasar por sucesivos obradoiros de pintura. Entrou en contacto con intelectuais e artistas locais aos que vai retratando e en 1922 comezou a colaborar co diario Galicia, facendo ilustracións, e na revista Alfar ata 1923, ano en que ilustrou Kindergarten, libro de poemas de Paco Luis Bernárdez. En 1924 comezou a colaborar como ilustrador e articulista en El Pueblo Gallego e en 1925 como linoelista no diario La Zarpa de Basilio Álvarez. Ese mesmo ano obtivo unha bolsa da Deputación de Ourense para estudar en París, onde asistiu ao parladoiro de Miguel de Unamuno e frecuentaba personaxes da vangarda francesa. Neste tempo, a súa produción reduciuse a varios debuxos de nus e diversos bosquexos de animais, ademais do óleo Fiestra ao campo. No ano 1927 volveu a Francia de novo como bolseiro da Deputación e achegouse aos surrealistas....
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga parroquia baixo a advocación de santa María, que foi integrada posteriormente como lugar na parroquia de Chaveán, no concello de Chandrexa de Queixa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aberturas ou fendas no casco do cabalo.
-
GALICIA
Xornalista. Fundador do xornal El Jerezano, foi redactor en Sevilla do diario La Tribuna. Publicou Tiempo perdido, Leyendas y tradiciones jerezanas e Historia de la ciudad de Jerez de los Caballeros.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
tenaces.