Fernández Mazas, Armando
Mestre. Coñecido como Chocolito, estudiou na Escola Normal de Ourense. No primeiro bienio da República ensinou en Bóveda de Amoeiro (Amoeiro), a carón de Rafael Alonso, Ignacio Herrero, Adolfo R. Ansias e Elixio Núñez, dirixentes da Asociación de Traballadores do Ensino de Ourense (ATEO), e cos que comezou o traballo asociativo. Colaborou na súa revista mensual, Escuela del Trabajo, con diversos artigos sobre pedagoxía. En 1934 gañou en propiedade a praza de mestre na escola de Vilariño (O Pereiro de Aguiar), na que puxo en práctica os métodos activos, facendo xirar as distintas materias ao redor da Xeografía Parroquial, material que destruíu cando fuxiu a Portugal (1942) e que recuperou esquematicamente nun artigo publicado na Revista Galega de Educación (1985). En 1932 militou en Izquierda Comunista de España e, en 1935, entrou no Partido Obrero de Unificación Marxista (POUM). Escribiu no periódico Espartaco, voceiro dos mozos antifascistas ourensáns, e tivo que fuxir co inicio da Guerra Civil. Residiu en Portugal (1942-1947) ata que se instalou en València, onde foi detido en 1955. En 1963 reingresou no maxisterio, que exerceu durante tres anos na illa de La Gomera ata o seu destino definitivo en Pombeiro (Pantón), onde se xubilou en 1975. Nos anos oitenta participou en Nova Escola Galega, e centrouse en dous proxectos: por un lado, xuntar e recuperar a obra artística e literaria de seu irmán Cándido Fernández Mazas (creou a Editorial Andoriña en 1989, recollendo un antigo proxecto do ano1933 de Cándido de crear Ediciones La Golondrina); e por outro lado, recuperar a memoria histórica de moitos mestres e intelectuais represaliados (Ourense, Atenas de Galicia, 1989 e Política y Pedagogía. Memoria teórica de un maestro de la ATEO, 1990 e 1995).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Ourense -
Deceso