"Búbal" (Contén)

Mostrando 10 resultados de 10.

  • RIOS

    Río afluente do Miño pola dereita. Nace no lugar de Agrosantiño, na parroquia de Vales, concello de San Cristovo de Cea, no límite coa parroquia de Aguada, concello de Carballedo. O seu curso adopta unha dirección O-SL coa que drena esta última parroquia e segue polas de Búbal e Oleiros (Carballedo), nas que limita coa parroquia do Souto, no concello da Peroxa. Desemboca no lugar dos Peares, na parroquia homónima, no límite entre os concellos da Peroxa e Carballedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Carballedo baixo a advocación de santa Baia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Carballedo baixo a advocación do Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estilo da arte rupestre sahariana. A cronoloxía xeral do bubalense é imprecisa, dende o 5000 a C (coincidindo co Neolítico) ata momentos anteriores pre-pastorís (Mesolítico). Este estilo caracterízase polos gravados moi realistas, ás veces de gran tamaño, de animais salvaxes e domésticos. Tamén se denomina Gran Estilo Naturalista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antílope duns 120 cm de altura na cruz, co rostro moi estreito e alongado, os cornos curtos e anelados e o pelame de cor rubia. É propio das sabanas e das estepas africanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de bóvidos da subfamilia dos bovinos ao que pertencen os búfalos e o anoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga fortaleza situada en San Pedro de Trasalba (Amoeiro). Fortaleza real, foi un dos castelos que Afonso IX deu en dote a dona Berenguela. Foi unha posesión disputada entre os seus propietarios e o mosterio beneditino de Santa Comba de Naves. Destruído durante a Segunda Guerra Irmandiña, foi reconstruído e mantívose en pé ata comezos do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor e ceramista. Coñecido como Caxigueiro, formouse no Seminario de Estudios Cerámicos de Sargadelos e estudou a cerámica popular de Portugal e do norte de Marrocos. As súas principais preocupacións plásticas xiraron arredor da experimentación sobre arxila refractaria e louza, elevárono a constituír en 1987 o grupo Remol con outros artistas. Mesturou o expresionismo conceptual e a expresión minimalista abstracta coa figuración seriada. Da súa produción destaca a obra Sen título (1980), a montaxe Terra, auga e lume de vela (1989) e a serie escultórica Europa: terapia puntual, de principios da década de 1990. As súas obras están presentes en diversas coleccións galegas como o Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside, Museo de Arte Contemporánea de Unión Fenosa ou a Deputación Provincial de Pontevedra. En 1990 recibiu o Primeiro Premio da Semana Nacional de Cerámica do Museo do Pobo Galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Carballedo baixo a advocación do Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Carballedo baixo a advocación de santa Baia.

    VER O DETALLE DO TERMO