Híjar
Híjar
Municipio da provincia de Teruel, Aragón (1.928 h [2001]). A súa economía baséase no sector primario (cultivo de cereais, vide e oliveiras e cría de gando ovino). Do seu patrimonio cultural destacan os barrios xudeu, mourisco e cristián.