Río Bubal, Daniel Tomás

Río Bubal, Daniel Tomás

Escultor e ceramista. Coñecido como Caxigueiro, formouse no Seminario de Estudios Cerámicos de Sargadelos e estudou a cerámica popular de Portugal e do norte de Marrocos. As súas principais preocupacións plásticas xiraron arredor da experimentación sobre arxila refractaria e louza, elevárono a constituír en 1987 o grupo Remol con outros artistas. Mesturou o expresionismo conceptual e a expresión minimalista abstracta coa figuración seriada. Da súa produción destaca a obra Sen título (1980), a montaxe Terra, auga e lume de vela (1989) e a serie escultórica Europa: terapia puntual, de principios da década de 1990. As súas obras están presentes en diversas coleccións galegas como o Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside, Museo de Arte Contemporánea de Unión Fenosa ou a Deputación Provincial de Pontevedra. En 1990 recibiu o Primeiro Premio da Semana Nacional de Cerámica do Museo do Pobo Galego.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Mondoñedo