"BASIC" (Contén)

Mostrando 15 resultados de 15.

  • O Código Simbólico de Instrucións de Aplicacións Xerais para Principiantes é unha linguaxe informática deseñada por John Kemeney e Thomas Kurtz en 1964 en New Hampshire (EE UU), como primeiro paso na aprendizaxe do fortran en ambientes universitarios, feita popular por Microsoft na década dos anos setenta. Serve para programar rapidamente cálculos sinxelos sen necesidade de moita aprendizaxe. Os programas poden ser moi curtos. Durante moitos anos tivo unha gran difusión por estar incluído directamente na ROM de moitos ordenadores (Apple II, IBM PC) e en sistemas operativos. Logo caeu en desuso cedendo a súa popularidade a Pascal e C. Experimentou un novo auxe debido, principalmente, ao lanzamento de Visual Basic por parte de Microsoft para Windows. Existen varias implementacións de BASIC para Macintosh. SC Basic (SC provén de Self Compiled ‘Auto Compilado’) é un compilador de BASIC que xera aplicacións independentes que poden ser distribuídas sen necesidade de dar o propio compilador...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comando en PC-DOS (MS-DOS) da familia de ordenadores PC IBM que chama a un intérprete dunha versión especial de Microsoft BASIC. Este intérprete utiliza o código almacenado nun chip de ROM dentro dos ordenadores IBM. Un intérprete similar para ordenadores clónicos é o chamado GW-BASIC. Ambos foron reemprazados por QBASIC que se distribúe coas versións máis recentes de DOS.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • exetais, propios xeralmente das rexións áridas, que producen froitos a rentes da terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nun ácido, número de átomos de hidróxeno substituíbles por metais ou radicais positivos.

    2. Calidade dunha substancia con pH superior a 7.

    3. Capacidade de neutralizar os ácidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que forma parte da base na que se sustenta unha cousa ou que constitúe a súa parte esencial.

      1. Relativo ou pertencente ás bases.

      2. Solucións ou mesturas onde hai presente unha base libre e que, polo tanto, teñen en maior ou en menor grao as propiedades das bases.

      3. Sales formados por neutralización parcial dun óxido ou dun hidróxido metálicos con ácidos.

      4. reacción básica

        Propiedade das bases e das súas solucións consistente en facer cambiar a cor dos indicadores de xeito que a cor acadada coincida coa cor da forma básica.

      1. Minerais nos que a proporción de óxidos metálicos pasa do 50%.

      2. Rochas ígneas nas que a proporción de sílice queda comprendida entre o 40 e o 50%. As rochas básicas máis importantes son os basaltos.

    2. Concepto derivado das aplicacións da teoría da información e da estatística na Lingüística e que alude ao conxunto de elementos fonolóxicos, morfosintácticos e semánticos dunha lingua que constitúen a base mínima imprescindible para falar e comprender unha lingua elementalmente. OBS: Para designar este concepto, o adxectivo básico sempre se utiliza acompañado do substantivo que fai referencia á lingua da que se está a falar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intérprete de BASIC baseado no estándar ANSI e destinado a ofrecer o maior grao de compatibilidade posible con contornos de programación BASIC en distintas plataformas. Non obstante , non dispón de acceso á interface gráfica de Macintosh e tampouco permite compilar programas e distribuílos sen o código fonte. Resulta útil para crear códigos sinxelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección de cincuenta libros publicados pola Editorial Galaxia no ano 1995. Consta dunha serie de títulos onde se recollen aspectos da xeografía, de historia, de arte, de etnografía e de pensamento de Galicia, xunto a unha escolma das obras máis representativas da literatura galega. Foi distribuída por Ir Indo Edicións e patrocinada pola CRTVG.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao ácido que ten dous hidróxenos substituíbles por unha base ou un metal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao ácido que posúe un único átomo de hidróxeno substituíble por un metal ou un radical positivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos ácidos que teñen na súa molécula dous ou máis hidróxenos substituíbles por átomos ou radicais básicos para formar sales ou ésteres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a un ácido cuxa molécula ten tres hidróxenos substituíbles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás rochas ígneas formadas por olivina e outros silicatos ferromagnésicos.

    VER O DETALLE DO TERMO