BASICA
BASICA
[INFORM]
Comando en PC-DOS (MS-DOS) da familia de ordenadores PC IBM que chama a un intérprete dunha versión especial de Microsoft BASIC. Este intérprete utiliza o código almacenado nun chip de ROM dentro dos ordenadores IBM. Un intérprete similar para ordenadores clónicos é o chamado GW-BASIC. Ambos foron reemprazados por QBASIC que se distribúe coas versións máis recentes de DOS.