"BBS" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

    1. O Sistema de Taboleiro de Anuncios é unha rede de comunicacións cun punto de encontro no que se fan públicos avisos, pode haber discusións sobre determinados temas e, en xeral, poden obterse servicios e informacións en liña e mesmo descargarse programas ou documentos. As BBS acostuman ser temáticas e estar destinadas a comunidades de usuarios que comparten intereses comúns, como economía, política ou deportes. Acadaron moita sona antes de que se espallase a Internet, e acostumaban estar manexadas por afeccionados aos ordenadores persoais. Accédese a elas de forma gratuíta marcando os seus números de teléfono, coa particularidade de que as tarifas destas chamadas equivalen ás das normais de voz, fronte á Internet, onde a tarifa é única para acceder a servidores de calquera parte do mundo. Outras BBS foron promovidas por empresas do sector da informática para distribuír actualizacións de aplicacións e información. Desde mediados da década dos oitenta, moitas das funcións das BBS foron absorbidas...

    2. Sistema que ao instalarse nun ordenador persoal habilita as persoas que o vaian usar para conectarse vía módem a unha rede, en particular as de tipo BBS, con posibilidades como enviar mensaxes, comunicarse con grupos de interese, obter ficheiros, conversar en tempo real e en moitos casos utilizar Internet ou acceder a outras redes telemáticas, entre as que destaca FidoNet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei estatística establecida en 1911, que ofrece a probabilidade wn que un corpo macroscópico calquera, considerado como unha parte relativamente pequena dun gran sistema illado, permanece nun estado de enerxía En.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Función termodinámica G definida pola ecuación G=U-TS+pV=H-TS (sendo U a enerxía interna, T a temperatura absoluta, S a entropía, p a presión, V o volume e H a entalpía. Coñecida tamén como entalpía libre, é unha función de estado do sistema considerado. Para un sistema en equilibrio, a función de Gibbs específica ten o mesmo valor para as fases líquida e gasosa. Unha consecuencia desta propiedade é a regra das fases ou de Gibbs.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fisicoquímico e matemático norteamericano. Foi nomeado profesor de física matemática en Yale. Os seus estudios versaron sobre termodinámica química (aplicación da primeira e da segunda no estudo do equilibrio de substancias heteroxéneas). Estableceu as bases teóricas da fisicoquímica e descubriu, xunto con Helmholtz, a ecuación que leva o seu nome, así como a regra das fases. En matemáticas contribuíu á análise vectorial e á teoría dos cuaternios. A súa obra principal é On the equilibrium of heterogeneous substances, na que senta os fundamentos da regra das bases.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ecuación que dá as condicións baixo as que, nun sistema formado polos compoñentes 1, 2, 3,..., m, se pode producir unha evolución reversible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Ecuación que, para un sistema que evoluciona a presión e temperatura constantes, toma a forma

    FORMULA

    A sendo o traballo efectuado polo sistema descontado o traballo de expansión, H1e H2as entalpías inicial e final, respectivamente, p a presión e T a temperatura absoluta do sistema.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río do land da Baixa Austria, Austria, afluente do Danubio pola dereita (126 km). Desemboca no Danubio preto da cidade de Ybbs.

    VER O DETALLE DO TERMO