"BIAS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 34.

    1. Enfermidade provocada por diversas especies de ameba (como a Entamoeba histolytica), que, ao se poñeren nos intestinos, poden provocar unha síndrome disentérica ou unha verdadeira disentería (aguda ou crónica). Pode afectar, tamén, a outras vísceras, onde ocasiona abscesos amébicos.

    2. Enfermidade das abellas provocada pola Malpighamoeba mellificae, ameba que se atopa nos tubos de Malpighi (aparello excretor) dos individuos adultos; comporta a destrución do revestimento epitelial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de apeiros de labranza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante e retratista. Foi pintor da corte dende o ano 1767 e director da Academia de San Fernando de Madrid no ano 1788. Dun rococó brillante, evolucionou cara a un clasicismo académico, e foi o máis persoal dos pintores do círculo de Mengs. Dedicouse sobre todo á pintura mural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Foi discípulo de Merclein e de Luzán en Zaragoza. No ano 1757 ingresou na cartuxa de Auladei, onde fixo o noviciado. Logo de realizar pequenos encargos para decorar varias cartuxas, a obra que o acredita como mestre foi a decoración da sancristía da igrexa de San Gil de Zaragoza. No ano 1793 realizou as pinturas do presbiterio da catedral de Jaca e, pouco despois, do ciclo da vida de santo Bruno, para a Cartuxa de Las Fuentes (Colegio Mayor de Santiago, de Huesca). O seu estilo mantense fiel á tradición barroca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía fabricante de aplicacións informáticas, entre as que destaca o programa de edición de audio Peak.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe galega que leva como armas un escudo partido: primeira partición, en campo de azul, con tres flores de lis de prata, postas en pao, e, segunda partición, en campo de azul, cunha onza rampante, ao natural; bordo de ouro. Algúns ostentan, en campo de ouro, tres escudiños de goles, co xefe de prata, mal ordenados. Outros levan, en campo de ouro, cinco bandas de goles; bordo de goles con trece aspas de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Discípulo de seu pai Giovanni Cambiaso (Cambiaso, Xénova 1495 - 1577?), formouse nun certo rafaelismo a través das ensinanzas de Perin del Vaga e de Pordenone. Traballou en Xénova, onde decorou ao fresco lugares sagrados como a catedral de San Lorenzo (1559-1562) e algúns palacios. En 1583 Filipe II chamouno a El Escorial, onde pintou as bóvedas do presbiterio e do coro. Con curiosidade propia do manierismo, ensaiou a cuadratura ou descomposición dos volumes pitóricos en poliedros e o contraste entre a luz e a sombra, polo que se converteu nun dos precursores do tenebrismo. Entre as súas obras destacan Adoración de los pastores e Cristo ante Caifás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Burgos, Castela e León, drenado polo río Arlanza (655 h [1996]). Vila natal de Fernán Núñez, primeiro conde independente de Castela, acadou grande esplendor na Baixa Idade Media, como testemuña o seu patrimonio monumental, no que sobresae a súa igrexa-colexiata gótica (ss XIV-XV). No seu interior localízase a construción tradicional máis antiga de Castela e o museo parroquial, onde están os sepulcros de Fernán González e da súa filla, a Raíña Urraca, ademais do coñecido tríptico da Epifanía. Tamén cómpre mencionar a torre da Raíña Urraca, anexa ás murallas da vila. Filipe III escolleuna como sede do Arquivo Real.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e eclesiástico. Foi profesor da Universidad de Salamanca, bispo de Ciudad Rodrigo (1560) e de Segovia (1565), e presidente do Consello de Castela desde 1572. Participou na redacción dos decretos do Concilio de Trento. Pertenceu á escola de Salamanca e a súa obra recolleuse baixo o título de Opera omnia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e lexicógrafo. Ordenouse sacerdote (1567) e ocupou a canonxía da catedral de Cuenca a partir de 1579. Ademais, foi capelán de Filipe III e consultor da Inquisición. Versado en historia antiga, latín, grego e hebreo, publicou Tesoro de la lengua castellana o española (1611), primeiro dicionario monolingüe castelán do Século de Ouro, redactado, na súa maior parte, entre 1606 e 1610. Segue unha orde alfabética e contén ao redor de 7.000 voces. Aínda que a intención do autor era investigar a etimoloxía, en moitas ocasións as descricións aseméllanse ás dunha enciclopedia. Destaca do Tesoro a riqueza de frases, ditos populares, referencias a elementos e persoas da época, etc, e o tratamento que fai tanto dos neoloxismos ou estranxeirismos coma dos arcaísmos e voces dialectais, ademais de marcar o uso das voces (poético, vulgar, etc). Covarrubias baseouse nas fontes literarias e na súa experiencia como lingüista para publicar este Tesoro; unha vez editado, seguiu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Despois da súa formación escultórica dedicouse á arquitectura. A súa arte evolucionou dende o predominio do elemento ornamental ata o dominio do elemento construtivo. En 1512 foi un dos conselleiros do cabido de Salamanca para a construción da catedral. Entre as súas obras destacan a igrexa da Piedad de Guadalajara (1526) e o palacio arcebispal de Alcalá de Henares (1530?-1540). En 1534 nomeárono mestre da catedral de Toledo, onde realizou a capela dos Reyes Nuevos (1531-1534). Como mestre do Alcázar toledano, traballou na fachada sur (1546), no patio (1550-1557) e trazou a escaleira imperial. Encargouse tamén do Hospital de Tavera (1541-1551) e realizou a Puerta Nueva de Bisagra (1559). En Santiago de Compostela participou en obras subvencionadas polo arcebispo Alonso III Fonseca. En 1518 pertenceu á comisión de arquitectos encargada da resolución dos problemas de construción do claustro da catedral. Atribúeselle o proxecto da fachada do colexio de Fonseca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Comezou co debuxo de caricaturas, e en 1923 trasladouse a Nova York onde traballou como caricaturista en Vanity Fair. Recibiu unha bolsa da Fundación Guggenheim e viaxou por Asia, África e Europa. En 1939 realizou dous murais do mapa económico de América para a Feira Internacional de San Francisco. Foi profesor de etnografía na Escuela Nacional de Antropología e director da Escuela de Danza do Instituto Nacional de Bellas Artes. Escribiu, entre outros, o libro de caricaturas The Prince of Wales and Other Famous Americans (O príncipe de Gales e outros famosos americanos, 1925) e os de antropoloxía Mexico South (México sur, 1946), The Eagle, the Jaguar and the Serpent (A aguia, o xaguar e a serpe, 1954) e Indian Art of Mexicano and Central America (Arte indíxena de México e de América Central, 1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doenza parasitaria causada por nematodos do xénero Enterobius.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado ao SL da cidade de Granada (7.576h [1994]). A capital é Gabia La Grande. A economía está baseada na agricultura e na industria, especialmente na de material de construción. Do seu patrimonio cultural destacan o baptisterio paleocristián (s V), a torre árabe (s XV) e as igrexas da Gabia Chica e da Encarnación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio do Principado de Asturias, situado no límite SO coas comunidades autónomas de Galicia e Castela e León, drenado polo río Ibias (2.082 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura e a gandería porcina, bovina, ovina e cabalar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantautor, escritor e político. Fundador da revista Andalán e do Partido Socialista de Aragón (PSA), foi deputado nas Cortes de Aragón pola Chunta Aragonesista (1999-2000) e deputado no Congreso de los Diputados desde 2000. Como intérprete gravou o disco Cantar y callar (1974). Publicou Las sonatas (1965), Con la voz a cuestas (1982), Diario de un náufrago (1988), Un país en la mochila (1995), froito dos doce documentais sobre España rural emitidos por TVE, e Dulce sabor de días agrestes (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantautor, profesor, escritor e político. Licenciado en Filosofía e Letras en 1960, exerceu a docencia ata que se dedicou en exclusiva ás súas facetas creativas. Participou na fundación da revista cultural Andalán, xunto con Eloy Fernández Clemente, e do Partido Socialista de Aragón (PSA). Foi deputado nas Cortes de Aragón pola Chunta Aragonesista (1999-2000) e deputado no Congreso de los Diputados na VII e VIII lexislaturas (2000-2008).
    Da súa discografía destacan os títulos Cantar y callar (1974), Tiempo de espera (1975), Que no amanece por nada (1978), Las cuatro estaciones (1981), Aguantando el temporal (1985), Diario de un náufrago (1988), Canciones de amor (1993), Paisajes (1997) e Vayatrés (2009). Publicou, entre outras obras, Sucede el pensamiento (1959), Recuerdos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo e matemático alemán. Foi director do observatorio de Göttingen. Entre 1753 e 1761 fixo numerosas observacións dos movementos da Lúa, que foron publicadas en 1770, e elaborou un catálogo estelar, que contiña un millar de estrelas zodiacais. En 1761 estableceu unha fórmula para calcular e corrixir as desviacións instrumentais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Merca baixo a advocación de santa Olaia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Salceda de Caselas baixo a advocación de san Tomé.

    VER O DETALLE DO TERMO