Covarrubias

Covarrubias

Municipio da provincia de Burgos, Castela e León, drenado polo río Arlanza (655 h [1996]). Vila natal de Fernán Núñez, primeiro conde independente de Castela, acadou grande esplendor na Baixa Idade Media, como testemuña o seu patrimonio monumental, no que sobresae a súa igrexa-colexiata gótica (ss XIV-XV). No seu interior localízase a construción tradicional máis antiga de Castela e o museo parroquial, onde están os sepulcros de Fernán González e da súa filla, a Raíña Urraca, ademais do coñecido tríptico da Epifanía. Tamén cómpre mencionar a torre da Raíña Urraca, anexa ás murallas da vila. Filipe III escolleuna como sede do Arquivo Real.