Covarrubias Orozco Horozco

Covarrubias Orozco Horozco

Escritor e lexicógrafo. Ordenouse sacerdote (1567) e ocupou a canonxía da catedral de Cuenca a partir de 1579. Ademais, foi capelán de Filipe III e consultor da Inquisición. Versado en historia antiga, latín, grego e hebreo, publicou Tesoro de la lengua castellana o española (1611), primeiro dicionario monolingüe castelán do Século de Ouro, redactado, na súa maior parte, entre 1606 e 1610. Segue unha orde alfabética e contén ao redor de 7.000 voces. Aínda que a intención do autor era investigar a etimoloxía, en moitas ocasións as descricións aseméllanse ás dunha enciclopedia. Destaca do Tesoro a riqueza de frases, ditos populares, referencias a elementos e persoas da época, etc, e o tratamento que fai tanto dos neoloxismos ou estranxeirismos coma dos arcaísmos e voces dialectais, ademais de marcar o uso das voces (poético, vulgar, etc). Covarrubias baseouse nas fontes literarias e na súa experiencia como lingüista para publicar este Tesoro; unha vez editado, seguiu recompilando material. No 1674 Benito Remigio Noydens publicou unha segunda parte do Tesoro, na que se recolle ese material posterior. Tamén escribiu Emblemas morales (1610), libro de literatura simbólico-moral.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Toledo

  • Deceso

    Lugar : Cuenca