"Baal" (Contén)

Mostrando 10 resultados de 10.

  • Divindade masculina suprema dos pobos semitas occidentais (fenicios, cananeos e hebreos) equivalente ao Adad mesopotámico e ao Hadad sirio, co significado de ‘señor’. Aínda que nun primeiro momento presidía a terra cultivada e a chuvia, máis tarde identificouse co Sol e co ceo. A súa parella feminina era Baalat, asociada despois con outras deusas. O seu animal emblemático era o touro. Foi representado como un home novo cun casco decorado con cornos, símbolo da divindade en Mesopotamia, un mazo nunha man e un feixe de raios na outra. Os textos de Ugarit represéntano como fillo de El e de Ašerat, pero en conflito con esta e coa súa descendencia, especialmente con Mot, a quen matou despois de baixar aos infernos acompañado do seu fillo Aliyan. Este mito representa o triunfo da chuvia e da fertilidade (Baal) sobre o bochorno e a secura (Mot). En Fenicia adaptouse con diversos cualificativos: Baal-roš (‘señor do promontorio’), Baal-safon (‘señor do norte’), Baal-šamen (‘señor dos ceos’). En...

    VER O DETALLE DO TERMO

  • Divindade feminina, parella de Baal, equivalente á deusa Astarte, deusa da fecundidade e dos humanos.

  • CIDADES

    Cidade do mu ḥ āfaa de al-Biqā´, no Líbano, nos contrafortes do Antilíbano (14.000 h [1982]). Cidade fenicia de pouco movemento comercial, helenizada coa conquista de Oriente por Alexandre o Grande e que posteriormente tomou o nome de Heliópolis (Cidade do sol). Acadou o status de colonia romana no 47 a C, durante o goberno de Xulio César, aínda que foi Augusto quen a engrandeceu. Durante o Imperio converteuse na cidade máis importante da Celesiria. Islamizada por Hālid ibn al-Walīd no ano 635, rebelouse contra os omeias e o Califa Marwān arrasou as súas defensas. Os cristiáns, coa formación do reino latino de Xerusalén, obtiveron dela un tributo. O Sultán Qalawūn reedificouna con magnificencia. Viuse reducida case aos cimentos polo ataque de Timur-Lang (Tamerlán) no ano 1401 e despois entrou no ámbito de influencia otomana, onde perdeu progresivamente importancia ante Alepo e Damasco, feito que se agravou...

  • Cultura do Calcolítico antigo-medio do oriente de Alemaña. A súa característica principal son os enterramentos, que poden consistir en simples tumbas onde se colocaba o morto flexionado, inhumacións colectivas en fosa simple ou, como novidade, tumbas baixo túmulo. O enxoval, exclusivamente cerámico, non acusa diferencias entre homes e mulleres.