"Bacillus" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • Xénero de bacterias, da familia das baciláceas, xeralmente Gram-positivas (aínda que en cultivos vellos o carácter Gram pode variar), en forma de bastonciño, móbiles con flaxelos perítricos, capaces de formar endosporas, que poden ser aerobias estritas ou aerobias facultativas. O máis patóxeno para o home e para os animais é o B. anthracis, o axente causante do ántrax. Hai bacilos patóxenos para os insectos que son utilizados na formulación de bioinsecticidas, como o B. thurigiensis var israelensis, de grande eficacia contra larvas de mosquito, e o B. thuringiensis var kurstaki, eficaz contra larvas de lepidópteros. Algunhas especies son produtoras de antibióticos como a bacitracina, a polimixina, a tirocidina, a gramicidina e a circulina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de insectos pau da familia dos fásmidos. En Europa pódese atopar a especie B. rossii, de ata 90 mm de lonxitude, áptera e de cor verde, que se reproduce principalmente por partenoxénese, propia de matogueiras mediterráneas do sur do continente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de bacterias, da familia das lactobaciláceas, que teñen a propiedade de fermentar unha gran variedade de substancias con produción de ácido láctico, CO2, etanol e/ou ácido acético. Son redondos, inmóbiles e Gram-positivos. Os seus hábitats naturais son moi variados (boca, tracto intestinal, vaxina ou materiais vexetais). Teñen un grande interese económico, posto que son os responsables da fermentación de produtos lácteos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de bacterias que comprende diversas especies de acción bioquímica específica en pH ácido ou neutro. Destaca T. denitrificans, que en condicións anaeróbicas utiliza o nitrato como fonte de nitróxeno e é prexudicial para o solo.

    VER O DETALLE DO TERMO