"Bagdad" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • CAPITAIS

    Capital do Iraq e do mu ḥ āfaa de Bagdad, á beira do Tigris e preto do punto de maior aproximación deste co Éufrates (4.478.000 h [1995]). Situada nun emprazamento estratéxico, Bagdad herdou o papel de cruzamento de camiños representado antes por cidades de localización próxima (Babilonia, Seleucia, Ctesifonte), entre a Asia meridional, a Asia central, a Asia Anterior ou Oriente Próximo e os lugares de peregrinación de Mesopotamia e de Arabia. A modernización dos transportes e o equipamento das rexións produtoras de petróleo aumentaron os intercambios comerciais. Ten poucos vestixios do pasado, entre eles destacan a cidadela, o palacio dos abbásidas, convertido en museo, o minarete de Suq-el-Gazl, a tumba de Zubayda e numerosas mesquitas. O segundo Califa abbásida Al-Man ṣ ūr edificouna como capital (762-766) aproveitando un antigo centro de comercio de caravanas que unían o Mediterráneo e Persia coa ruta do Golfo Pérsico. Bagdad...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mu ḥ āfaa de Iraq (4.071 km2; 3.910.900 h [1991]). A capital é Bagdad.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ferrocarril proxectado ao comezo do s XX e destinado a unir Istambul, Bagdad e o Golfo Pérsico. Comezou a obra unha empresa alemana, que dende 1902 instalou 2.400 km de vías. Debido a que a súa construción foi considerada por Gran Bretaña e Rusia como unha empresa colonialista alemana, interrompéronse os traballos en 1918; sen embargo, foron retomados en 1933 e rematados en 1940.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado militar asinado en Bagdad en 1955 entre Turquía e Iraq para loitar contra os grupos kurdos. Ao adherírense Paquistán, Irán e Gran Bretaña, converteuse nun tratado de seguridade rexional. Con motivo da revolución de Iraq (1958) e a retirada deste país, o tratado quedou sen valor. No mesmo ano, EE UU adheriuse ao novo tratado derivado do anterior, Central Treaty Organisation (Organización do tratado central, CENTO).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Bagdad.

    2. Habitante ou natural de Bagdad.

    VER O DETALLE DO TERMO