Bagdad, Pacto de
Bagdad, Pacto de
Tratado militar asinado en Bagdad en 1955 entre Turquía e Iraq para loitar contra os grupos kurdos. Ao adherírense Paquistán, Irán e Gran Bretaña, converteuse nun tratado de seguridade rexional. Con motivo da revolución de Iraq (1958) e a retirada deste país, o tratado quedou sen valor. No mesmo ano, EE UU adheriuse ao novo tratado derivado do anterior, Central Treaty Organisation (Organización do tratado central, CENTO).