"Balado" (Contén)
Mostrando 8 resultados de 8.
-
GALICIA
Profesor da Escola de Artes Aplicadas de Lugo. Estudou na Escola de Artes Decorativas de Madrid. Participou en numerosas exposicións dende mediados da década de 1960, desvencellado de calquera movemento ou escola, aínda que sempre cunha proposta estética comprometida coa realidade popular.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
ariante gráfica de Valado, apelido de orixe toponímica que remite á voz común valado ‘cerre, valo, muro’, termo derivado á súa vez do latín vallatu ‘cerrado con valo’. Xa que logo, a forma Balado presenta un b- non etimolóxico debido ás constantes flutuacións dentro da antroponimia galega entre as grafías b e v.
-
Liñaxe oriúnda de Monforte de Lemos. As súas armas levan, en campo de azul, un valado de sinople.
-
-
PERSOEIRO
Animadora teatral. Desenvolveu unha importante actividade de promoción das artes escénicas na área de Ferrol Terra. Participou na posta en marcha da Mostra de Teatro Infantil Galego Xeración Nós, moi importante na promoción do teatro infantil e xuvenil, e coordinou programas de divulgación cultural e teatral na radio local. Tamén traballou como actriz no Teatro Círculo de Perlío, participando en espectáculos como O cantar dos cantares (1975) ou O circo de tiza caucasián (1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor. Iniciou e desenvolveu a súa carreira no grupo lalinense Viravolta, co que realizou traballos de manipulación e iluminación, ademais de participar noutras actividades colectivas como a dramaturxia dos espectáculos ou o deseño e realización de marionetas. Entre os espectáculos nos que participou destacan: As venturosas fazañas de Don Florete (1983), Contos para ratos mortos (1984), Historias con demo (1985), Jasón (1985), A aventura do doutor Sabañón (1993), O candil marabilloso (1994) ou Guillermo Tell (1995).
VER O DETALLE DO TERMO
-
PERSOEIRO
Escultor. Formouse na Escola de Artes e Oficios con Oliveira, quen lle ensinou a técnica da fundición de cera, e con Antúnez Pousa, con quen aprendeu o traballo da pedra. No seu traballo combínanse pedras e materiais diversos, como bronce e madeira, na procura da expresividade ata chegar á esencialización da forma. Recibiu numerosos premios e participou en distintas exposicións.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Debalo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Debalo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen embala.