Fringe
Movemento teatral inglés que comezou a súa andaina na década de 1960 e que ten equivalencias en Europa, no teatro independente, e nos EE UU, no Off-Off de Broadway. Tamén fai referencia aos espectáculos presentados ao abeiro do Edinburgh International Festival, fóra da sección oficial. Moitos dos colectivos que se crearon naquela época estaban relacionados coa loita contra a guerra de Vietnam e con outras loitas estudiantís e xuvenís, como o maio francés ou a cultura hippy. Desde finais da década dos setenta vense utilizando o cualificativo de “alternativo” para facer referencia a un movemento teatral moi heteroxéneo no que conviven diversas orientacións, que van desde o compromiso político máis radical, ata a busca e a experimentación de novas linguaxes escénicas.