frío -a
(< lat frigĭdu)
-
Parroquia baixo a advocación de san Xiao que dá nome ao concello de Friol.
-
adx
-
Que ten unha temperatura inferior á ordinaria do ambiente ou do corpo humano. Na tradición oral recóllense ditos como: “ Ao gato escaldado, auga fría faille dano. Mans frías e corazón quente, namoro de repente. Mans quentes e corazón frío, amor perdido.”
Ex: Sempre ten os pés fríos. Gústame sentir o vento frío na cara.
-
Que non ten o grao de calor desexable.
Ex: Este leite está demasiado frío.
-
Que produce sensación de frialdade ou non conserva a calor.
Ex: No inverno cambio as sábanas porque estas son máis frías.
-
Que presenta un clima de baixas temperaturas. Na tradición oral recóllense ditos como: “Maio frío, moito trigo.”
Ex: Nos países fríos soportan ben as baixas temperaturas.
-
[CLIMAT]
Clima no que a temperatura media do mes máis cálido é inferior aos 10°C. Identifícase coa letra E, segundo a clasificación de Köppen.
-
-
adx
-
Que é pouco afectuoso.
Ex: Foi unha nai fría que nunca aloumiñou os fillos.
-
Que se mostra indiferente a estímulos e sensacións.
Ex: É tan fría que resulta imposible saber o que sente.
-
Que é propio da persoa fría.
Ex: Escribiulle unha carta fría e impersoal.
-
Que é pouco sensible aos estímulos sexuais.
-
Que é impersoal ou carece de expresividade.
Ex: Era unha casa fría e funcional. As cancións do seu segundo disco son máis frías ca as do primeiro.
-
-
adx
[PINT]
Aplícase aos tons de cor que van do verde, pasando polos azuis, ata o violeta.
-
s
m
Antónimos:
calor.
-
Temperatura atmosférica baixa. Na tradición oral recóllense ditos como: “Moitas estrelas a brillar, frío seco vai chegar”.
Ex: Aquí no inverno vai moito frío.
Antónimos: calor. -
Sensación de perda de calor producida por un ambiente ou corpo frío ou por causas psíquicas ou fisiolóxicas. Na tradición oral recóllense ditos como: “Cada un ten o frío como ten o vestido. Fame e frío entregan o home ao seu inimigo”.
Ex: Como estou con gripe levo todo o día con frío.
-
FRAS: A sangue frío. De maneira calculada, sen se deixar levar pola ira. Coller frío. Acatarrarse ou ter outra afección por causa do frío. En frío 1 Aplícase a aquilo que se fai despois dun tempo de ter sucedido algo.
[FÍS/IND]
Estado dun corpo, dunha substancia ou dun espacio que ten unha temperatura inferior á normal. A produción de frío conséguese por evacuación da calor do corpo que se quere arrefriar, mediante a refrixeración. O frío ten aplicación secundaria en case todos os tipos de industria, para a disipación da calor producida por reaccións, en procesos químicos, etc, e é fundamental na conservación de alimentos, na separación e condensación de gases, así como na obtención de osíxeno e nitróxeno do aire, na desalinización da auga de mar e noutro tipo de procesos.
-
Frases feitas
-
A sangue frío. De maneira calculada, sen se deixar levar pola ira.
-
En frío 1 Aplícase a aquilo que se fai despois dun tempo de ter sucedido algo. Ex: En frío xa non foi capaz de dicirlle todo o que tiña pensado.
-
Ir un frío que pela/corta/manca/afeita en seco/treme a carqueixa/non hai quen pare/ non paran nin os cans/nin o demo para (por aí adiante). Ir moito frío.
-
Non levar frío. Estar borracho.
-
Quedar frío. Quedar sorprendido e sen saber qué facer ante unha sensación inesperada ou inusual.
-
2 Sen quentar, especialmente alimentos.
-
Coller frío. Acatarrarse ou ter outra afección por causa do frío.
-
Ter sangue frío. Desenvolverse con serenidade en situacións perigosas ou complicadas.
Refráns
- Ano da serra, non o traia Deus á terra.
- Ata o corenta de maio non quites o saio.
- Beber frío e xantar quente.
- Cada cal sente frío segundo trae o vestido.
- Frío coral, un mes antes; o outro, despois do Nadat.
- O frío de abril mata o porco no seu cubil.
- Para o pan engraiar ha de o boi tremar/o boi ha tremar.
- Quente, a comida; fría, a bebida.