frío -a

frío -a

(< lat frigĭdu)

  1. adx
    1. Que ten unha temperatura inferior á ordinaria do ambiente ou do corpo humano. Na tradición oral recóllense ditos como: “ Ao gato escaldado, auga fría faille dano. Mans frías e corazón quente, namoro de repente. Mans quentes e corazón frío, amor perdido.”

      Ex: Sempre ten os pés fríos. Gústame sentir o vento frío na cara. 

    2. Que non ten o grao de calor desexable.

      Ex: Este leite está demasiado frío. 

    3. Que produce sensación de frialdade ou non conserva a calor.

      Ex: No inverno cambio as sábanas porque estas son máis frías. 

    4. Que presenta un clima de baixas temperaturas. Na tradición oral recóllense ditos como: “Maio frío, moito trigo.”

      Ex: Nos países fríos soportan ben as baixas temperaturas. 

    5. [CLIMAT]

      Clima no que a temperatura media do mes máis cálido é inferior aos 10°C. Identifícase coa letra E, segundo a clasificación de Köppen.

  2. adx
    1. Que é pouco afectuoso.

      Ex: Foi unha nai fría que nunca aloumiñou os fillos. 

    2. Que se mostra indiferente a estímulos e sensacións.

      Ex: É tan fría que resulta imposible saber o que sente. 

    3. Que é propio da persoa fría.

      Ex: Escribiulle unha carta fría e impersoal. 

    4. Que é pouco sensible aos estímulos sexuais.

    5. Que é impersoal ou carece de expresividade.

      Ex: Era unha casa fría e funcional. As cancións do seu segundo disco son máis frías ca as do primeiro. 

  3. adx [PINT]

    Aplícase aos tons de cor que van do verde, pasando polos azuis, ata o violeta.

  4. s m Antónimos: calor.
    1. Temperatura atmosférica baixa. Na tradición oral recóllense ditos como: “Moitas estrelas a brillar, frío seco vai chegar”.

      Ex: Aquí no inverno vai moito frío. 

      Antónimos: calor.
    2. Sensación de perda de calor producida por un ambiente ou corpo frío ou por causas psíquicas ou fisiolóxicas. Na tradición oral recóllense ditos como: “Cada un ten o frío como ten o vestido. Fame e frío entregan o home ao seu inimigo”.

      Ex: Como estou con gripe levo todo o día con frío. 

    3. [FÍS/IND]

      Estado dun corpo, dunha substancia ou dun espazo que ten unha temperatura inferior á normal. A produción de frío conséguese por evacuación da calor do corpo que se quere arrefriar, mediante a refrixeración. O frío ten aplicación secundaria en case todos os tipos de industria, para a disipación da calor producida por reaccións, en procesos químicos, etc, e é fundamental na conservación de alimentos, na separación e condensación de gases, así como na obtención de osíxeno e nitróxeno do aire, na desalinización da auga de mar e noutro tipo de procesos.

Frases feitas

  • A sangue frío. De maneira calculada, sen se deixar levar pola ira.

  • En frío 1 Aplícase a aquilo que se fai despois dun tempo de ter sucedido algo. Ex: En frío xa non foi capaz de dicirlle todo o que tiña pensado.

  • Ir un frío que pela/corta/manca/afeita en seco/treme a carqueixa/non hai quen pare/ non paran nin os cans/nin o demo para (por aí adiante). Ir moito frío.

  • Non levar frío. Estar borracho.

  • Quedar frío. Quedar sorprendido e sen saber qué facer ante unha sensación inesperada ou inusual.

  • 2 Sen quentar, especialmente alimentos.

  • Coller frío. Acatarrarse ou ter outra afección por causa do frío.

  • Ter sangue frío. Desenvolverse con serenidade en situacións perigosas ou complicadas.

Palabras veciñas

Fringilla | frinxílido -da | frío -a | frío -a | Friol | Friol | Friol