Balado

Balado
  1. [ONOM]

    ariante gráfica de Valado, apelido de orixe toponímica que remite á voz común valado ‘cerre, valo, muro’, termo derivado á súa vez do latín vallatu ‘cerrado con valo’. Xa que logo, a forma Balado presenta un b- non etimolóxico debido ás constantes flutuacións dentro da antroponimia galega entre as grafías b e v.

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe oriúnda de Monforte de Lemos. As súas armas levan, en campo de azul, un valado de sinople.