"Baldomero" (Contén)
Mostrando 12 resultados de 12.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo procedente do xermánico Baldomar (nome composto de bald ‘audaz’ e mers ‘ilustre, brillante, famoso’) ou de Baldmiru ‘protector valente’. A forma hipocorística deste nome é Mero.
-
PERSOEIRO
Galo de orixe e ferreiro de profesión como o seu contemporáneo santo Eloi, abandonou o seu oficio tras recibir a chamada divina e foi ordenado subdiácono. As coincidencias que mantén con santo Eloi fixeron que, moitas veces, as súas advocacións e padroados se confundisen. A festividade de san Baldomero celébrase o 27 de febreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Politólogo, sociólogo e xornalista. Doutor en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e graduado pola Escola Social, estudou Ciencias Políticas na Universidad Complutense de Madrid. Foi profesor nas escolas Social e de Enseñanza Social e na facultades de Dereito e Ciencias Políticas de Santiago de Compostela, na facultade de Ciencias Políticas, Económicas e Comerciales da Universidad Central de Madrid e na facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense. Exerceu como catedrático de Socioloxía no Recinto Universitario de Mayaguez, en Puerto Rico (1968-1982).
VER O DETALLE DO TERMO
Letrado do Parlamento de Galicia (1983-1995), contribuíu á formación de numerosas leis, entre as que destaca a Lei de Dereito Civil de Galicia da que escribiu o prólogo. No eido do xornalismo, foi redactor e delegado en Santiago de Compostela de La Voz de Galicia (1959-1967) e colaborou... -
VER O DETALLE DO TERMO
Joaquín Baldomero Fernández Espartero.
-
PERSOEIRO
Político. Graduado Social pola Escola de Santiago de Compostela, foi presidente das confrarías da provincia da Coruña e fundador (1974) e presidente da Federación de Confrarías de Pescadores de España. Na etapa preautonómica foi conselleiro de Pesca e nas lexislaturas constituínte (1977-1979) e primeira (1979-1982) foi senador pola Coruña pola UCD.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político, conde de Luchana, duque da Victoria, duque de Morella e príncipe de Vergara (1872). Deixou o seminario dos dominicanos de Almagro aos quince anos para loitar na Guerra de Independencia fronte a Napoleón. En 1815 marchou a América, onde combateu os independentistas e, ao morrer Fernando VII, púxose ao servizo de Isabel II para combater os carlistas. Ascendeu a xeneral, acadou a vitoria de Luchana (1836) e negociou co xeneral Maroto o Convenio de Vergara (1839), que remataba coa Primeira Guerra Carlista. Trala renuncia da raíña rexente María Cristina, foi nomeado rexente (1840-1843). O período do seu goberno caracterizouse pola inestabilidade política e as revoltas sociais; finalmente, unha coalición de progresistas e moderados expulsouno do poder e houbo de exiliarse en Inglaterra. Regresou a España co goberno de R. M. Narváez; e Isabel II confioulle a presidencia do consello de ministros, cargo que ocupou durante o Bienio Progresista (1854-1856).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Residiu en España (1892-1899) e ensinou literatura e historia en Bos Aires. A súa poesía, inspirada en R. Darío, L. Lugones e A. Machado, tratou temas cotiáns. Publicou Las iniciales del misal (1915), Versos de Negrita (1920) e Vida (1957).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e foi lector de español na Universidade de Königsberg. Influído pola obra poética de Antonio Machado, escribiu Campanas de Palo (1959) e Voz en blanco y 3 poemas abstractos (1960).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor chileno. Influído polos naturalistas franceses, foi o primeiro en incorporar o proletariado na narrativa chilena, como nos contos Sub Terra (1904) e Sub Sole (1907).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Coñecido como Silo, colaborou nas publicacións Galicia humorística e O Galiciano (1888). Trasladouse a Madrid e escribiu en Enciclopedia Jurídica, El Ejército Español (1888) e El Correo Militar (1902). Publicou Páginas de actualidad (1895), en colaboración con E. Alonso Orera.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor, ilustrador e ceramista. Formado na Escola de Artes e Oficios de Ourense (1970-1973), estudou a técnica do gravado con Hernández Quero en Madrid (1973-1975), e nos anos 1982-1985 realizou unha longa estadía formativa en Italia, principalmente en Roma. Foi profesor de plástica na Escola Obradoiro Auria (Ourense). Participou na restauración do Tucho-Volter, onde pintou un mural, e fixo o debuxo conmemorativo do milenario de san Rosendo en 2007, que fabricou Sargadelos. Das súas pezas cerámicas destacan principalmente as series de pombas, que xa empezara a facer cando vivía en Castromau. Ilustrou, xa no ano 1976, Dende Lonxe, unha obriña que se fixera en Ourense en homenaxe ao lexicógrafo P. Crespo e mais ao pintor ourensán Luis Trabazo. Dos últimos anos son as ilustracións de: En el límite de la escritura, Poesía última de J. A. Valente (2002), de A. López Castro, ou as de Palabras da montaña; e tamén colaborou en Volverlles a Palabra: Homenaxe aos represaliados...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Crítico, filólogo e ensaísta colombiano. Colaborador dos xornais La Luz e La Nación, foi un dos introdutores do modernismo no seu país. Das súas obras destacan Crítica y arte (1932), Divagaciones filológicas y apólogos literarios (1934), Letras Colombianas (1944), De mi vida y otras vidas (1949) e El humanismo y el progreso del hombre (1955).
VER O DETALLE DO TERMO