"Balteiro" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Situado na parroquia de Coruxo (Vigo), representa unha serie de varias coviñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido que remite ao nome de orixe xermánica latinizado Baltarius, composto polo xermánico *bal- ‘audaz, valente’ e -arius; esta terminación vén, á súa vez, do gótico harjis ‘exército’, que confluíu co latín -arius. Como apelido documéntase no s XII, aínda que o seu uso como prenome xa aparece rexistrado dous séculos antes. Na época medieval este apelido recibía, ás veces, o sufixo patronímico -ez ou calquera outra das súas variantes (-es, -iz, -is), e mesmo podía atestarse a forma feminina aplicada a mulleres; xa nas cantigas galego-portuguesas do s XIII aparece mencionada unha sonada soldadeira coñecida co nome de Maria Perez a Balteyra.

    VER O DETALLE DO TERMO