Balteiro
Balteiro
[ONOM]
Apelido que remite ao nome de orixe xermánica latinizado Baltarius, composto polo xermánico *bal- ‘audaz, valente’ e -arius; esta terminación vén, á súa vez, do gótico harjis ‘exército’, que confluíu co latín -arius. Como apelido documéntase no s XII, aínda que o seu uso como prenome xa aparece rexistrado dous séculos antes. Na época medieval este apelido recibía, ás veces, o sufixo patronímico -ez ou calquera outra das súas variantes (-es, -iz, -is), e mesmo podía atestarse a forma feminina aplicada a mulleres; xa nas cantigas galego-portuguesas do s XIII aparece mencionada unha sonada soldadeira coñecida co nome de Maria Perez a Balteyra.